Espero que vos gusten!
domingo, 30 de diciembre de 2012
MATES!!!
Deixovos un par de enlaces cunhas actividades moi entretidas para repasar as operacións e o valor posicional das cifras.
martes, 25 de diciembre de 2012
O APALPADOR
Seguro que todos vos lembrades da visita que fixemos o ano pasado a Biblioteca Municipal onde tivemos a oportunidade de asistir a presentación do libro de Xurxo Varcarcel e Pepe Carreiro A noite do Apalpador onde nos agasallaron cun exemplar dese libro
Como sabedes O Apalpador baixa a noite do 31 de decembro para visitar os nenos, e tócalles na barriga para ver se comeron abondo durante o ano e déixalles un puñado de castañas e se cadra algún agasallo, desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Así que non vos esquezades de alimentarvos ben nestas datas por se vos ven visitar. Mentras tanto para lembrar a historia deste personaxe aquí tedes un xogo que crearon no Barbanza.
sábado, 22 de diciembre de 2012
FESTA DO SOLSTICIO DE INVERNO
Como calquera pretexto é bo para compartir experiencias e estreitar lazos cos compañeiros e compañeiros, nos quixemos despedir este trimestre celebrando a Festa do solsticio de inverno.
Como en toda a festa que se precie tivemos que ocuparnos de poñer e decorar a mesa, preparar a comida e vir vestidos moi, pero que moi elegantes. Distribuimos o traballo por equipos e cada un preparou un tipo de montaditos, ademáis pinchos de embutidos e brochetas de froita. O resultado foi espectacular, a mesa estaba fermosísima e a comida exquísita.
Dentro de seis meses celebraremos a Festa do solsticio de verán, e para min non será tan alegre xa que será unha festa de despedida deste grupo tan especial, pero mentras tanto ainda nos queda moito por disfrutar e compartir.
Unha aperta a todos e a disfrutar das vacacións!
Presentación created with Smilebox |
BO NADAL!
jueves, 13 de diciembre de 2012
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE REDONDELA
Para conmemorar os 200 anos da primeira edición de "Los cuentos para la infancia y el hogar" dos Irmáns Grimm (20 de decembro), a Fundación Filomena Rivero en colaboración coa Biblioteca Municipal de Redondela, organiza sesións de contacontos e un concurso de debuxo no mes de decembro:
“Contos dos Irmáns Grimm para tremer e rir”
(para nenos de 6 a 9 anos) O venres, 14 de decembro
Hora: 18:30 horas
Lugar: Sala Infantil da Biblioteca Municipal
(Multiusos da Xunqueira)
(Multiusos da Xunqueira)
Concurso :
"Debuxa a túa escena favorita dos contos que escoitaches",
no que poderán participar os rapaces que asistiron aos
contacontos.
Remate do prazo de entrega dos debuxos:mércores, 19 de decembro (na Sala Infantil da Biblioteca)
Entrega de premios: venres, 21 de decembro ás 18:30 h. (na Sala Infantil da Biblioteca)
miércoles, 5 de diciembre de 2012
PANXOLIÑA
Un ano máis imos a participar no festival de panxoliñas que celebraremos o día 22 de decembro. Como estamos a prticipar no Proxecto Porfolio, os nenos e nenas de cuarto imos a atrevernos cunha canción en ingles e en lingua de signos. Espérannos moitos ensaios, así que para ir acostumando o oído e aprendendo a letra aquí tedes o vídeo.
A cantar!
martes, 4 de diciembre de 2012
A REPRODUCIÓN
Neste vídeo podedes ver como se vai desenrolando un bebé no interior da nai semana a semana, dende o momento da concepción ata o parto.
Espero que vos guste!
sábado, 1 de diciembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)