domingo, 25 de noviembre de 2012

O NOSO MENÚ SAUDABLE

Neste curso tamén quixemos levar a cabo esta actividade consistente en elaborar por equipos o menú dos alimentos que se van a consumir a media mañá.
Cada equipo completa unha táboa con 5 alimentos de tipo enerxéticos, 5 construtivos e 5 reguladores. Esta é a parte máis complicada xa que hai poñerse de acordo e pactar os que inclúen e os que rexeitan. En algún equipo tiveron serias dificultades xa que había mención especial para os que incluiran peixe e verduras. A opción máis sinxela era o bocadillo de atún con leituga ou tomate pero dentro dos equipos a algúns membros non lles gustaba o tomate e a outros a leituga.Todo un problema! Ao final os tres equipos foron capaces de lograr un consenso.
Unha vez cuberta a táboa, os alimentos se distribuen ao longo da semana de xeito que en cada día haxa un de cada tipo.
Cabe dicir que todos conseguiron a mención especial e a maioría foi capaz de cumprir o menú ao longo de toda a semana.
Noraboa aos gañadores!


2 comentarios: