viernes, 30 de noviembre de 2012

domingo, 25 de noviembre de 2012

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN COAS PERSOAS SORDAS

Este venres a Asociación de Persoas Sordas de Vigo desenrolou no noso centro varias actividades para sensibilizarnos coas dificultades coas que se enfrentan estas persoa no seu día a día.
Aquí vos deixo o fermoso vídeo sobre a eliminación das barreiras de comunicación co que nos agasallaron.


O NOSO MENÚ SAUDABLE

Neste curso tamén quixemos levar a cabo esta actividade consistente en elaborar por equipos o menú dos alimentos que se van a consumir a media mañá.
Cada equipo completa unha táboa con 5 alimentos de tipo enerxéticos, 5 construtivos e 5 reguladores. Esta é a parte máis complicada xa que hai poñerse de acordo e pactar os que inclúen e os que rexeitan. En algún equipo tiveron serias dificultades xa que había mención especial para os que incluiran peixe e verduras. A opción máis sinxela era o bocadillo de atún con leituga ou tomate pero dentro dos equipos a algúns membros non lles gustaba o tomate e a outros a leituga.Todo un problema! Ao final os tres equipos foron capaces de lograr un consenso.
Unha vez cuberta a táboa, os alimentos se distribuen ao longo da semana de xeito que en cada día haxa un de cada tipo.
Cabe dicir que todos conseguiron a mención especial e a maioría foi capaz de cumprir o menú ao longo de toda a semana.
Noraboa aos gañadores!


jueves, 15 de noviembre de 2012

ACTIVIDADES DE LINGUA CASTELÁ

Deixovos un par de enlaces con actividades para repasar os temas de LINGUA CASTELÁ que estamos traballando na clase.

martes, 13 de noviembre de 2012

SISTEMA RESPIRATORIO

Aquí tedes dous vídeos moi instructivos do aparato respiratorio para poder ver distintas partes que forman as vías respiratorias e proceso de intercambio de gases nos alvéolos pulmonares.




lunes, 12 de noviembre de 2012

TALLER DE COCIÑA

Por primeira vez neste curso cociñamos. Coma sempre a elaboración dunha receita de cociña forma parte dun proxecto máis amplio no que se poñen de manifesto multitude de competencias. Nesta ocasión fomos o xoves a comprar os ingredientes ao supermercado Familia e alí aproveitamos para observar os diferentes tipos de alimentos segundo os seus nutrientes. Ademais, realizamos unhas probas por equipos sobre a compararación de prezos, localización de ofertas, variedades de froitas... Rematamos pedindo na charcutería o xamón e o queixo, collendo o resto dos ingredientes que precisabamos e pagando na caixa. Toda unha lección práctica para desenvolverse na vida.
O venres foi cando cociñamos e aquí vos deixo o proceso da elaboración da receita segundo os nenos e nenas.
No taller de cociña fixemos  empanadas de xamón iork e queixo. Ao chegar a cociña fomos a lavar as mans e despois cada un de nos púxose no seu grupo. 
Empezamos por poñer  o follado e  colocamos o queixo sobre a masa, logo xamón e outra vez queixo. Enriba puxemos outra capa de masa. A continuación pechamos os lados coas mans enrolando as puntas e pinchamos a empanada co garfo. Un grupo cascou un ovo, o batemos e pintamos con el a parte de arriba. Forneamos durante 40 minutos e despois de deixala arrefiar un pouco comémola.
Estaba de rechupete!


domingo, 11 de noviembre de 2012

XEOMETRÍA

Neste curso imos a estudar os conceptos xeométricos pouco a pouco ao longo de todo curso tanto na área de matemáticas como na área de plástica.
Para ir repasando os tipos de líneas e ángulos déixovos dous enlaces.




sábado, 10 de noviembre de 2012

DE COMPRAS NO FAMILIA

O  xoves pola mañá fomos de compras ao supermercado Familia.
No colexio primeiro estivemos organizándonos e falando do que íamos a facer. Polo camiño fomos cantando cancións.  Foi divertido pero curto.
Cando chegamos fomos a ver os alimentos construtivos, reguladores e enérxéticos. Logo tivemos que facer unhas probas por equipos. Cando todos tíñamos as probas resoltas pedimos na charcutería o xamón e o queixo e collemos a masa de follado na neveira. Despois, os que levábamos o diñeiro pagamos as cousas e voltamos ao colexio.
Pasámolo moi ben!

Nenas e nenos de 4º A




O NOSO MAGOSTO

Así foi o noso Magosto
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A picture slideshow by Smilebox
Aplicade o que sabedes do Magosto e pasádeo ben xogando un anaco.

jueves, 8 de noviembre de 2012

QUE SABEDES DO MAGOSTO?

A semana que ven imos celebrar o Magosto no cole, pero, que sabedes do Magosto? Cal é a orixe da festa? Sabedes refráns, cantigas ou adiviñas sobre o Magosto? Para responder estas e outras preguntas podedes disfrutar con esta presentación que fixeron os rapaces do IES AS LAGOAS.