martes, 17 de julio de 2012

PROXECTO SOLIDARIO

Por casualidade, hoxe atopeime na páxina de redondelatv  un PROXECTO SOLIDARIO para axudar a recaudar fondos para ALDEAS INFANTILES.
Trátase dunha iniciativa en internet onde xogando ao SCRABBLE (Apalabrados) online se doa 0'01 € por cada punto que consigas a Aldeas Infantiles
Para que poidades xogar sen necesidade de rexistrarvos  acabo de abrir unha conta onde o nome do usuario é manantial  a contraseña tamén é manantial.
Cantas máis palabras acertedes máis cartos conseguiredes así que animádevos a xogar xa que ides pasar un rato ao mesmo tempo que axudades a está asociación tan próxima a nos.

A xogar !

viernes, 13 de julio de 2012

COMPARTIDO EXPERIENCIAS II

Arrieta tamén quere compartir con nos a súa viaxe a Huelva onde poido disfrutar dunha inmensa praia e da piscina do hotel. Ademais aproveitou para visitar o Parque Nacional de Doñana .

Grazas por estas refrescantes fotos!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox



Para todos os que non tivéstedes a oportunidade de coñecer este paraiso natural deixovos un vídeo con unhas impresionantes imaxes onde podedes ver no seu habitat natural o lince ibérico e outras especies protexidas que viven total ou parte do ano neste parque.

lunes, 9 de julio de 2012

COMPARTINDO EXPERIENCIAS

Non vos esquezades das tarefas de verán!
Lembrade que  unha delas é compartir con todos nos  fotos deses  lugares tan interesantes que estades a visitar nestas vacacións.
Paula Virulegio foi a primeira que fixo os deberes e mandounos unha foto sacada no acuario do Grove facendo de cetrera.


 Por certo, sabedes que é a cetrería? 

Paula seguro que si
 Grazas Paula por compartir con esta fermosa imaxe!

 Para que todos coñezades  un pouco máis as aves rapaces déixovos este interesante vídeo
 

lunes, 2 de julio de 2012

AS MIÑOCAS

Nos últimos días do curso quixemos comprobar como estaban as nosas miñocas e a verdades é que fixeran un gran traballo.  Dos restos de froita que puxeramos no fondo do recipiente xa non quedaba nin rastro.
Para coñecer un pouquiño máis a estes impreionantes e traballadores seres vivos aquí tedes un estupendo vídeo.
Espero que vos guste!