lunes, 21 de mayo de 2012

DÍA DA ÁRBORE

Por fin este venres o tempo metereolóxico deunos unha tregua e poidemos celebrar o Día da Árbore.Este ano desprazámonos ata unha área situada moi preto do campo de fútbol de Reboreda e alí cada clase plantou a súa cerdeira con moito esmero e agarimo. A continuación, sentados nas gradas do campo, cantamos a nosa canción e repuxemos forzas tomando unha exquisita empanada e zumes.
 Xa recuperados e pletoricos de enerxía, participamos intensamente nos xogos tradicionais e disfrutamos de tempo libre para divertirnos cos compañeiros e compañeiras.
Foi un día estupendo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario