domingo, 27 de mayo de 2012

A MEDIDA

Levamos xa uns días facendo diferentes actividades oas unidades de medida e para poñer en practica os coñecementos adquiridos nada mellor que medirse..
En cada equipo se mediron uns aos outros e calcularon a diferencia de altura  entre o máis allto e o máis baixo e a lonxitude total de todos os membros dos grupos  que logo marcaron no chan. Ademáis cada un ten unha unha tira decorada coa súa altura.
Aquí tedes as fotos e dous enlaces para facer repasar!




lunes, 21 de mayo de 2012

ORTOGRAFÍA

Aquí vos deixo un enlace con moitas actividades de ortografía para que practiquedes.


DÍA DA ÁRBORE

Por fin este venres o tempo metereolóxico deunos unha tregua e poidemos celebrar o Día da Árbore.Este ano desprazámonos ata unha área situada moi preto do campo de fútbol de Reboreda e alí cada clase plantou a súa cerdeira con moito esmero e agarimo. A continuación, sentados nas gradas do campo, cantamos a nosa canción e repuxemos forzas tomando unha exquisita empanada e zumes.
 Xa recuperados e pletoricos de enerxía, participamos intensamente nos xogos tradicionais e disfrutamos de tempo libre para divertirnos cos compañeiros e compañeiras.
Foi un día estupendo!



domingo, 20 de mayo de 2012

VISITA A UN TALLER TEXTIL

O luns fomos o taller da miña tía. Antes de ir para alá  preparamos unhas preguntas sobre o taller e o que fan alí. En canto chegamos, a miña nai ensinounos os tipos de máquinas que había alí: máquinas de coser, termofusionadora, ollaladora....Na parte de arriba estaban facendo camisas e na de abaixo facían outras labores. Cando baixamos, a niña tía Loli contestounos as preguntas que levabamos apuntadas. Mentras falaba baixou Joel e nos acompañou a ver a termofusionadora, as planchas e a máquina de facer ollais. 
Cando voltamos a profe nos explicou porque o meu tío Ever estaba escoitando música mentres traballaba e era porque estar oito horas alí encerrado é moi aburrido.
Foi unha excursión moi cerca e para min moi familiar. O que máis me gustou da visita ao taller é que eu era os levaba. 
Pablo Jesús
Grazas a Loli e a Beni por recibirnos e explicarnos tan ben como funciona un taller!

miércoles, 16 de mayo de 2012

martes, 15 de mayo de 2012

SAÍDA POLO ENTORNO II

Temos na clase un compañeiro o que lle encanta facer fotos e nesta saída fixo un montón para que non se nos quedase atrás ningún detalle.
Mirade que fotos máis chulas nos fixo Juan G. !

domingo, 13 de mayo de 2012

SAÍDA POLO ENTORNO

Este venres os nenos e nenas de 3º A e 3º B, acompañados por dous monitores da COOPERATIVA TRESPÉS, realizamos unha excursión ata a praia fluvial de Reboreda para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna do río Alvedosa.
Ao chegar, despois de que Tania nos explicase que como ía trascurrir a xornada e de repoñer forzas tomando a merenda, comenzamos a buscar as prantas e arbustos que aparecían no caderno de campo que nos deran. Así poidemos coñecer algunhas árbores propias de ribeira como son os salgueiros, amieiros, bidueiros, loureirros e carballos e algunha que outra especie invasora como a falsa acacia. Tamén abundaban diferentes herbas propias da nosa zona coma os pampullos,  o xoio, os croques, o fiuncho e tamén  bastantes estrugas que foron as  primeiras que nos interesou distinguir.
Noutra parte do río onde hai unha  pequena ponte poidemos observar as marxes e descubrir como algúns plásticos e cascallos contaminaban ese fermoso lugar. Alí, Tania nos falou da importancia de manter os ríos limpos e xunto con ela construimos unha mini depuradora utilizando varios filtros de pedras e area. Tamén nos fixo un experimento para mostrarnos que lles pasaría aos saltóns se a auga estivese contaminada.
Quedabanos por baixar a praia fluvial, e alá nos fomos. Alí hai unha pequena presa que no verán péchase para que as persoas  poidan bañarse e disfrutar do río. Sorprendeunos moito como cun simple cordel  e unha laranxa se pode medir a velocidade do caudal do río e coñecer en que zonas as augas van máis rápido ou están mais tranquilas. E xa  tocaba poñer as botas, primeiro para pescar a laranxa  e logo para cos ganapáns extraer area do fondo e botala en pequenas bandexas con auga para buscar os bichiños que alí había. Atopamos: ninfas de cabaliños do demo e líbelulas, larvas, vermes ... que logo identificamos coa axuda dos debuxos que tiñamos nuha plantilla.

Pasousemos a mañá moi rápido e tocou voltar ao cole cansos pola calor pero moi contentos polo que aprendéramos e o ben que o pasaramos. 
Grazas Tania, grazas Paulo.
O próximo curso esperamos contar  de novo con vos!



domingo, 6 de mayo de 2012

EXPERIMENTOS

Para rematar co estudo do ciclo da auga fixemos tres experimentos onde se reproducen  a pequena escala  os  procesos que teñen lugar na natureza.
Construimos un terrario que consiste nun circuito pechado onde vamos a poder obsevar como a auga que  está filtrada na terra, a do no noso pequeno lago ou  a procedente da transpiración das nosas plantas se evapora, se condensa e volver a caer, mantendo constante e cantidade de auga que hai dentro do recipiente e que fará posible que medren as nosas plantas sen necesidade de regalas.
Temos un pozo para ver como a auga que se filtra na terra pasa a formar parte das augas subterráneas que poden ser extraídas  por unha bomba igual que nos pozos reais onde se saca a auga para o noso consumo, para regar os campos ou darlle de beber os animais.
Cunha pequena depuradora somos capaces de limpar a auga sucia mediante a mediante os procesos  de condensación e a precipitación.

Estas actividades forman parte das actividades cooperativas que desenrolamos na aula e cada equipo foi o encargado de realizar un dos experimentos.

REPASO DE MATEMÁTICAS

Aquí tedes un enlace para repasar as fraccións.


martes, 1 de mayo de 2012

OS NOSOS PRIMEIROS PANINIS


Unha vez máis volvemos a disfrutar cociñando e degustando uns exquisitos paninis. É unha das recetas máis fáciles e que máis gusta.

Xa vedes que somos uns expertos na cociña!