domingo, 29 de abril de 2012

REPASO DE LINGUA

Aquí tedes un enlace para repasar o tema que estamos a traballar de LINGUA CASTELÁ



                                       

domingo, 22 de abril de 2012

VISITA A BIBLIOTECA DE REDONDELA

UNHA EXCURSIÓN A BIBLIOTECA DE REDONDELA, VENDO A PEPE CARREIRO E XURXO VARCÁRCEL
En canto chegamos ao multiusos fomos a biblioteca e cada un colleu un libro. O primeiro que collín foi ¨O porco celta¨. Logo case me perdo con  Juan Arjona pero atopamos ao grupo. Despois fomos a escoitar como Xurxo Varcárcel contaba a historia do Apalpador ou do Apalpabarrigas. Pepe Carreiro debuxou distintos Apalpadores e logo ao seu burro. Xa ao final nos deron un libro do Apalpador e Pepe Carreiro nolo firmou e nos debuxou un burro e a algúns, algo máis, a min un dinosaurio que é un brontosaurio. Eu tamén quería que mo firmase tamén o autor pero non pudo ser.
Agora  quero aprender a facer debuxos como Pepe Carreiro pero eu quero debuxar dinosaurios.

Pablo Jesús 


DÍA DO LIBRO

Feliz día do libro!

O CICLO DA AUGA

Para continuar co estudo do tema da auga, deixovos  dous vídeos moi interesantes e divertidos onde nos esinan a importancia da auga no noso planeta e nos dan uns sabios consellos para facer un uso axeitado da mesma, ademais nos explican dunha forma moi sinxela o CICLO DA AUGA.

miércoles, 11 de abril de 2012

A AUGA E O AIRE

Levamos un par de días lendo e falando da importancia do aire e da auga para os seres vivos e de como temos que coidalos para que as persoas, os animais e as plantas os poidamos utilizar para realizar as nosas funcións vitais sen poñer en risco a nosa saúde.
Déixovos un enlace con lecturas, videos e xogos para que repasedes e ampliedes os vosos coñecemento sobre o aire e a auga



martes, 3 de abril de 2012

BOAS VACACIÓNS!

Espero que esteades disfrutando destes días de vacacións e aproveitedes para descansar e para visitar lugares interesantes e non so os que vos vaides de viaxe senon tamen os que vos quedades na casa tedes moitos sitios estupendos non moi lonxe de aquí.

Para os que ainda non saibades que facer podedes seguir as recomendacións de Paula Virulegio e ir pasar día a ao Centro de Arte Rupestre de Campolameiro ou a Fervenza do Toxa dous lugares que están na provincia de Pontevedra e que merece a pena que vaiades a velos porque seguro que quedaredes impresionados.
Tedes máis información si clicades sobre o nome e tamén vos deixo unhas magnificas fotos que Paula e a súa familia comparten con todos nós.

BOAS VACACIÓNS!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own slideshow design

domingo, 1 de abril de 2012

ROCHAS DE CHOCOLATE

Últimamente os venres adicàmolos a facer de xeito sistematico actividades de traballo cooperativo. Este venres preparamos unhas exquisitas rochas de chocolate despois de ler un texto sobre a orixe de tradicion de regalar ovos de chocolate nestas datas
Coma sempre ¨As rochas hai que gañalas!¨ así que comenzamos por facer a correspondente ficha onde calculamos o prezo dos ingredientes, a cantidade de cereais que lle correspondía a cada equipo, a cantidade de pastillas que tiña cada tableta de chocolate, cantas lle tocaban a cada un para partilas....
Despois de partir o chocolate, contamos coa colaboración de Luisa que nos levou a derretir o chocolate no microondas. Ao chocolate fundido engadímoslle os cereais e remexemos ata que estivo todo mesturado e a continuación fixemos montonciños coa mestura de chocolate e cereais.
O mais dificil que ten esta receta é esperar a que o chocolate volte a solidificarse e non polo tempo que lle leva xa que se as metemos na nevera nunha hora as rochas xa están listas senon polo ben que cheiran.
Son irresistibles!