domingo, 20 de enero de 2013

APRENDEMOS COAS PLANTAS

Outra entrada que recuperamos do estudo que fixemos o curso pasado sobre as plantas

Na nosa a aula temos unha morea de recursos que utilizamos para o estudo das partes e das funcións vitais das plantas. Coa rosa de Xericó comprobamos como reacciona en presencia de auga e como está adaptada ao medio, igual co xacinto de auga que ten as raíces e talos diseñados para poder vivir na auga. Os tulipáns floreceron a tempo para ver as partes da flor e tamén como o talo e a flor detectaban a presencia de luz. O apio sumerxido en auga con tinta serviunos para obsevar como as sustancias suben polo talo e chegan ata as follas....
Deixamos polo momento o estudo do tema das plantas mentras continuan medrando os tomates e mimosas sensitivas que sementamos e cuidamos con moito esmero xunto co resto de plantas.
Aquí neste vídeo está un pequeno resumo de como os utilizamos para aprender.


3 comentarios:

  1. Profe este año como todos me voi al Pais Basco espero traerte fotos .Muchos besos.Intentare visitar el blog adios.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa rapaces e rapazas, sodes todos uns expertos en plantas. Grazas a vós aprendín moitas cousas interesantes que non coñecía. Un bico moi grande. Tedes que vir un día a clase dos exploradores a contarlles todo isto.

    ResponderEliminar
  3. arrieta y maria24/1/13, 21:32

    Os videos saleronos moi ben,ainda que recordo que fixemos moitas tomas.Os ruidos que se escoitaban eran de Juan García,esperemos que este ben,

    ResponderEliminar