martes, 28 de febrero de 2012

ORTOGRAFÍA

Neste tema de LINGUA CASTELÁ imos repasar a regra ortográfica do mb e mp.
Aquí tedes un enlace para comenzar a traballar.



viernes, 24 de febrero de 2012

OS NOSOS TULIPÁNS

Este xoves cando voltamos ao colexio tíñamos unha sorpresa:florecéranos un tulipán. Démonos conta de que cando lle daba o sol a flor abríase e tamén podía virar e cando había sombra pechábase.
Temos outros bulbos e esperamos que dentro duns días tamén nos florezan.


Sabedes que:
  • Os tulipans xa se cultivaban en Turquía dende o ano 1.000 da nosa era.
  • A palabra tulipán significa ¨turbante del turco Turbend¨.
  • É sinxelo cultivar tulipáns, necesitan moi poucos cuidados.
  • Os seus bulbos florecen en primavera e deben ser plantados en outono.
  • Florece apróximadamente aos 120 días de ser plantados.
  • Necesita polo menos 4 horas de sol diarias.

Arrieta e Carmen





miércoles, 22 de febrero de 2012

DESFILE DE ENTROIDO

O venres pasado participamos no desfile de entroido que se realiza polas ruas e camiños próximo ao noso centro. Este ano no colexio temos como centro de interés o tema dos contos, no SEGUNDO CICLO xa levamos un tempo traballado arredor da orixe, o autor e as distintas versión do conto de Carapuchiña Vemella polo que eleximos as persoaxes deste conto para disfrazarnos. Así profes e alumnos fíxemos cestos, fociños e traxes de carapuchiñas e de lobos.

Como podedes comprobar o un resultado foi moi vistoso!






domingo, 19 de febrero de 2012

FACEMOS FILLOAS

Dentro das actividades cooperativas que levamos a cabo na aula unhas das que máis éxito teñen son as que realizamos nos TALLERES DE COCIÑA e como estamos en tempo de entroido fixemos unha receta moi típica desta época: as filloas.

A cada un dos membros dos tres equipos en que temos dividida a clase, déuselle unha ficha que contiña a receta e unha serie de actividades sobre o prezo dos distintos ingredientes . Dentro dos equipos organizáronse para bater e pesar os distintos ingredientes e as profes encargámonos de callar a masa na tixola. Unha vez feita as filloas, cada un reencheoa de mermelada, crema de cacao ou natillas segundo as súas preferencias.

Tíñamos pensado comelas no recreo pero cheiraban tan ben e tiñan tan boa pinta que non poidemos esperar.

A verdade é que están feitos uns magníficos cociñeiros e cociñeiras!



jueves, 16 de febrero de 2012

A VISITA DE IÑAKI

Nesta semana chea de actividades tivemos a gran fortuna de poder contar coa visita do pai de Arrieta. Iñaki é veterinario e amablemente se prestou a vir a nosa aula e compartir con nós os seus coñecementos sobre os animais.
Quen mellor para contar o acontecido que a súa filla Arrieta.

Vino a clase con un microscopio, algunas muestras, una codorniz y un pez. Primero, nos explicó las cosas que hace un veterinario y nos contó cosas de perros y gatos. Luego nos enseñó las partes de una codorniz, algunos se marearon, y después vimos las del pez. Nos enseñó el corazón, los pulmones, el cerebro, la garganta y la cloaca. Tuvimos suerte porque el pez iba a tener hijos y los vimos con la lupa. Por último, vimos una pulga en el microscopio, una garrapata y sangre. Nos avisó del peligro de las garrapatas y nos habló de la responsabilidad que hay que tener con los animales. Les dimos unos regalitos para los compañeros y se acabó.
Me lo pasé muy bien y fue muy interesante.
Me gustó mucho que viniese mi padre.
Arrieta
E a nós tamén!

Grazas Iñaki pola túa visita!




miércoles, 15 de febrero de 2012

É TEMPO DE AMOR

Aproveitamos estos días no que os comercios nos invitan a celebrar o amor para escribir poemas de amizade para adicarllos aos compañeiros e compañeiras da clase.
Para crear os nosos poemas utilizamos unha estructura fixa nas que combinamos 5 palabras bonitas para a primeira estrofa e a continuación engadimos os versos eu en ti e ti en min e rematamos con unha estrofa con versos de tres verbos, tal e como nos ensinou Francisco Castro no taller que impartiu o curso pasado.

O resultado, impresionante!

Houbo poemas para todos que logo decoramos e pegamos nun corazon xigante que colgamos no corredor.

Neste vídeo tedes alguns destes fermosos poemas

domingo, 5 de febrero de 2012

DÍA DA PAZ 2012

O pasado luns celebramos o DÍA DA PAZ como facemos todos os 30 de xaneiro. Unha vez máis esta conmemoración sirvenos para traballar valores como a solidaridade, a tolerancia e o respecto tan necesarios para convivir na sociedade actual . Nembargantes a Paz é necesaria construila día nas nosas aulas, na nosa familia, cos nosos veciños e co resto das persoas coas que convivimos.

É así foi a nosa celebración!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow made with Smilebox

jueves, 2 de febrero de 2012

QUE HORA É?

A vindeira semana comenzaremos a estudar a medida do tempo e a lectura da hora en diferentes tipos de reloxos. Para comenzar a practicar déixovos estos enlaces.