sábado, 21 de enero de 2012

ELABORACIÓN DUN MENÚ SAUDABLE

Para poñer en practica os coñecementos adquiridos sobre alimentación e adquirir hábitos alimenticios saudables, ao longo de toda a semana pasada, a media mañán consumíronse os alimentos que figuraban nun menú previamente elaborado e pactado por cada equipo.

Para confeccionar o menú, primeiro teñan que elexir e pactar 5 alimentos pertenecentes a cada grupo : proteinas, hidratos de carbono e vitaminas. Unha vez que xa teñan a lista feita, cada membro do equipo encárgase de decidir que alimentos se van tomar nun déterminado día da semana.
A negociación non sempre é fácil xa que todos temos preferencia por algunhas comidas e en cambio outras non son do noso agrado, pero ao final os tres equipos consensuaron un menú moi, pero que moi saudable.

Este vídeo é un exemplo de como funcionan os equipos e sobretodo, vese como é a dinámica dentro do equipo dos PITUFOS porque a pesar de ser alumnos moi diversos todos sonescoitados. e todas a opinións se teñen en conta.



.

2 comentarios:

  1. Onque llo no estuve me encantocomo icisteis el menu y que le preguntarais a marta.

    ResponderEliminar
  2. PROFE VERO31/1/12, 10:55

    Esta experiencia tan chula xa está publicada tamén no blog de VOZ NATURA.

    ResponderEliminar