jueves, 12 de enero de 2012

ALMORZO SAUDABLE

Nada mellor para comenzar o día que tomar un almorzo completo!

Levamos xa uns días estudando cales son os alimentos e as súas propiedades, así que hoxe quixemos poñer en práctica todo o que levamos aprendido sobre alimentación, almorzando todos xuntos no cole. Nesta primeira comida do día non poden faltar un lácteo, para proporcionarnos as proteínas que precisamos para medrar; os hidratos de carbono para poder ter a enerxía suficiente para afrontar a longa xornada escolar e, non nos podemos esquecer da froita, tan importante para tomar as vitaminas que nos van axudar a estar mais sans.


Foi todo un éxito!

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!




1 comentario:

  1. El desayuno fue muy emocionante y divertido.
    Lo pasé muy bien.

    ResponderEliminar