domingo, 30 de diciembre de 2012

MATES!!!

Deixovos un par de enlaces cunhas actividades moi entretidas para  repasar as operacións e o valor posicional das cifras.


Espero que vos gusten!

martes, 25 de diciembre de 2012

O APALPADOR

Seguro que todos vos lembrades da visita que fixemos o ano pasado a Biblioteca Municipal onde tivemos a oportunidade de asistir a presentación do libro de Xurxo Varcarcel e Pepe Carreiro  A noite do Apalpador onde nos agasallaron cun exemplar dese libro
Como sabedes O Apalpador baixa a noite do 31 de decembro para visitar os nenos, e tócalles  na barriga para ver se comeron abondo durante o ano e déixalles un puñado de castañas e se cadra algún agasallo, desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Así que non vos esquezades de alimentarvos ben nestas datas por se vos ven visitar. Mentras tanto para lembrar a historia deste personaxe aquí tedes un xogo que crearon no Barbanza.


sábado, 22 de diciembre de 2012

FESTA DO SOLSTICIO DE INVERNO

Como calquera pretexto é bo para compartir experiencias e estreitar lazos cos compañeiros e compañeiros, nos quixemos despedir este trimestre celebrando a Festa do solsticio de inverno.
Como en toda a festa que se precie tivemos que ocuparnos de poñer e decorar a mesa, preparar a comida e vir vestidos moi, pero que moi elegantes. Distribuimos o traballo por equipos e cada un preparou un tipo de montaditos, ademáis pinchos de embutidos e  brochetas de froita. O resultado foi espectacular, a mesa estaba fermosísima e a comida exquísita.
Dentro de seis meses celebraremos a Festa do solsticio de verán, e para min non será tan alegre xa que será unha festa de despedida deste grupo tan especial, pero mentras tanto ainda nos queda moito por disfrutar e compartir.
Unha aperta a todos e a disfrutar das vacacións!

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación created with Smilebox

BO NADAL!

Os nenos e nenas  de 4º A queremos darvos as grazas, ás familias e a todos os que nos seguides, por estar aí e animarnos cos vosos comentarios.  
 FELICES FESTAS

Click to play this Smilebox tarjeta
Create your own tarjeta - Powered by Smilebox
Tarjeta made with Smilebox

jueves, 13 de diciembre de 2012

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE REDONDELA


Para conmemorar os 200 anos da primeira edición de "Los cuentos para la infancia y el hogar" dos Irmáns Grimm (20 de decembro), a Fundación Filomena Rivero en colaboración coa Biblioteca Municipal de Redondela, organiza  sesións de contacontos e un concurso de debuxo no mes de decembro:
 
“Contos dos Irmáns Grimm para tremer e rir”  
(para nenos de 6 a 9 anos) O venres, 14 de decembro
Hora: 18:30 horas
Lugar: Sala Infantil da Biblioteca Municipal
(Multiusos da Xunqueira)

Concurso : 
"Debuxa a túa escena favorita dos contos que escoitaches", 
no que poderán participar os rapaces que asistiron aos contacontos.

Remate do prazo de entrega dos debuxos:mércores, 19 de decembro (na Sala Infantil da Biblioteca)
Entrega de premios: venres, 21 de decembro ás 18:30 h. (na Sala Infantil da Biblioteca)

miércoles, 5 de diciembre de 2012

PANXOLIÑA

Un ano máis imos a participar no festival de panxoliñas que celebraremos o día 22 de decembro. Como estamos a prticipar no Proxecto Porfolio, os nenos e nenas de cuarto imos a atrevernos cunha canción en ingles e en lingua de signos. Espérannos moitos ensaios, así que para ir acostumando o oído e aprendendo a letra aquí tedes o vídeo.
A cantar!


martes, 4 de diciembre de 2012

A REPRODUCIÓN

Neste vídeo podedes ver como se vai desenrolando un bebé no interior da nai semana a semana, dende o momento da concepción ata o parto.
Espero que vos guste!


sábado, 1 de diciembre de 2012

viernes, 30 de noviembre de 2012

domingo, 25 de noviembre de 2012

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN COAS PERSOAS SORDAS

Este venres a Asociación de Persoas Sordas de Vigo desenrolou no noso centro varias actividades para sensibilizarnos coas dificultades coas que se enfrentan estas persoa no seu día a día.
Aquí vos deixo o fermoso vídeo sobre a eliminación das barreiras de comunicación co que nos agasallaron.


O NOSO MENÚ SAUDABLE

Neste curso tamén quixemos levar a cabo esta actividade consistente en elaborar por equipos o menú dos alimentos que se van a consumir a media mañá.
Cada equipo completa unha táboa con 5 alimentos de tipo enerxéticos, 5 construtivos e 5 reguladores. Esta é a parte máis complicada xa que hai poñerse de acordo e pactar os que inclúen e os que rexeitan. En algún equipo tiveron serias dificultades xa que había mención especial para os que incluiran peixe e verduras. A opción máis sinxela era o bocadillo de atún con leituga ou tomate pero dentro dos equipos a algúns membros non lles gustaba o tomate e a outros a leituga.Todo un problema! Ao final os tres equipos foron capaces de lograr un consenso.
Unha vez cuberta a táboa, os alimentos se distribuen ao longo da semana de xeito que en cada día haxa un de cada tipo.
Cabe dicir que todos conseguiron a mención especial e a maioría foi capaz de cumprir o menú ao longo de toda a semana.
Noraboa aos gañadores!


jueves, 15 de noviembre de 2012

ACTIVIDADES DE LINGUA CASTELÁ

Deixovos un par de enlaces con actividades para repasar os temas de LINGUA CASTELÁ que estamos traballando na clase.

martes, 13 de noviembre de 2012

SISTEMA RESPIRATORIO

Aquí tedes dous vídeos moi instructivos do aparato respiratorio para poder ver distintas partes que forman as vías respiratorias e proceso de intercambio de gases nos alvéolos pulmonares.




lunes, 12 de noviembre de 2012

TALLER DE COCIÑA

Por primeira vez neste curso cociñamos. Coma sempre a elaboración dunha receita de cociña forma parte dun proxecto máis amplio no que se poñen de manifesto multitude de competencias. Nesta ocasión fomos o xoves a comprar os ingredientes ao supermercado Familia e alí aproveitamos para observar os diferentes tipos de alimentos segundo os seus nutrientes. Ademais, realizamos unhas probas por equipos sobre a compararación de prezos, localización de ofertas, variedades de froitas... Rematamos pedindo na charcutería o xamón e o queixo, collendo o resto dos ingredientes que precisabamos e pagando na caixa. Toda unha lección práctica para desenvolverse na vida.
O venres foi cando cociñamos e aquí vos deixo o proceso da elaboración da receita segundo os nenos e nenas.
No taller de cociña fixemos  empanadas de xamón iork e queixo. Ao chegar a cociña fomos a lavar as mans e despois cada un de nos púxose no seu grupo. 
Empezamos por poñer  o follado e  colocamos o queixo sobre a masa, logo xamón e outra vez queixo. Enriba puxemos outra capa de masa. A continuación pechamos os lados coas mans enrolando as puntas e pinchamos a empanada co garfo. Un grupo cascou un ovo, o batemos e pintamos con el a parte de arriba. Forneamos durante 40 minutos e despois de deixala arrefiar un pouco comémola.
Estaba de rechupete!


domingo, 11 de noviembre de 2012

XEOMETRÍA

Neste curso imos a estudar os conceptos xeométricos pouco a pouco ao longo de todo curso tanto na área de matemáticas como na área de plástica.
Para ir repasando os tipos de líneas e ángulos déixovos dous enlaces.




sábado, 10 de noviembre de 2012

DE COMPRAS NO FAMILIA

O  xoves pola mañá fomos de compras ao supermercado Familia.
No colexio primeiro estivemos organizándonos e falando do que íamos a facer. Polo camiño fomos cantando cancións.  Foi divertido pero curto.
Cando chegamos fomos a ver os alimentos construtivos, reguladores e enérxéticos. Logo tivemos que facer unhas probas por equipos. Cando todos tíñamos as probas resoltas pedimos na charcutería o xamón e o queixo e collemos a masa de follado na neveira. Despois, os que levábamos o diñeiro pagamos as cousas e voltamos ao colexio.
Pasámolo moi ben!

Nenas e nenos de 4º A




O NOSO MAGOSTO

Así foi o noso Magosto
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A picture slideshow by Smilebox
Aplicade o que sabedes do Magosto e pasádeo ben xogando un anaco.

jueves, 8 de noviembre de 2012

QUE SABEDES DO MAGOSTO?

A semana que ven imos celebrar o Magosto no cole, pero, que sabedes do Magosto? Cal é a orixe da festa? Sabedes refráns, cantigas ou adiviñas sobre o Magosto? Para responder estas e outras preguntas podedes disfrutar con esta presentación que fixeron os rapaces do IES AS LAGOAS.

martes, 30 de octubre de 2012

SAMAÍN

Aquí vos deixo un vídeo onde podedes ver a orixe desta festa.


TALLERES TERRORÍFICOS

A semana pasada os nenos e nenas de Educación Infantil  convidáronnos a ir as súas aulas e participar con eles na confección de pantasmas e morcegos para ambientar os corredores para o SAMAÍN.
 Repartimos polas  tres aulas e pasámolo moi ben traballando cos pequenos.
Foi unha experiencia boísima que esperamos repetir!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a picture slideshow

lunes, 29 de octubre de 2012

FESTA DE SAMAÍN NA NOSA VILA

Animádevos a participar na festa de Samaín que se vai a celebrar este mércores na alameda de Redondela.


Samain 12. Magosto e serán popular  

17:30 - 20:30h: obradoiros para nen@s e xogos populares (ven caracterizad@ e trae a tua cabaza)
19:00h: magosto
 20:30h: concurso de postres de castañas ou cabazas
 21:30h: serán popular e queimada

 • Data: mércores 31 outubro. • Lugar: Alameda de Redondela.

domingo, 28 de octubre de 2012

SEMANA DA FROITA

Ao longo da semana pasada o noso centro participou no PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA que  ten como obxectivo que os nenos e nenas adquiran habitos de vida saudable:
Así que cada día antes de ir ao patio tomamos a froita na aula.

Estaba  moi boa!

jueves, 25 de octubre de 2012

ENGLISH!!!!!!

Abrimos unha nova sección no noso blog con xogos, cancións, vídeos... en inglés recomendados pola teacher Mariví para que tamén poidades aprender e repasar o vocabulario e as expresións que vaiades estudando nas clases. 

Para comenzar aquí tedes unha canción e un xogo para aprender como se escriben e pronuncian os meses do ano.



miércoles, 24 de octubre de 2012

ALIMENTACIÓN SALUDABLE

Xa levamos uns días traballando sobre os alimentos e agora vamos a aprender cales son os principais nutrientes e os alimentos que máis nos conveñen para poder medrar e vivir máis sans.
Aquí tedes un vídeo no que se explica de forma sinxela as propiedades dos alimentos.


O APARATO DIXESTIVO

Recuperamos as entradas que tíñamos no blog sobre o tema da alimentación do curso pasado.
Este é un vídeo sobre o aparato dixestivo e proceso da dixestión.

sábado, 6 de octubre de 2012

AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Comenzamos o estudo do tema de como se organiza o territorio e para que ir practicando aquí tedes uns enlaces para practicar e aprender o nome è onde estan situadas as Comunidades Autónomas





viernes, 5 de octubre de 2012

VISITA AO PARQUE DE ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO

Hoxe venres fixemos a nosa primeira saída deste curso para completar o estudio do tema da Prehistoria.
Comenzamos a visita cun percorrido pola exposición permanente e un visionado dunha proxección sobre a arte rupestre. Obviamemte desta primeira parte da visita non temos fotos.
Despois dun pequeno descanso e de repoñer forzas esperabanos o obradoiro de pan. Desprazámonos ata o poboado e alí comenzamos moendo a man os cereais. Non foi unha tarefa moi doada, pero puxemos todo o noso empeño. A continuación amasamos e démoslle forma ao noso pan. Agora só faltaba cocelo ó xeito  prehistórico. A verdade é que estaba exquisito!
Como xa gañáramolo pan, tivemos tempo libre para disfrutar do laberinto e, non nos importaría quedar alí todo día, pero era hora de xantar.
 Despois de comer e compartir xogos cos amigos e amigas comenzamos o percorrido para ver de preto algúns dos petroglifos que hai no parque. Escoitamos moi atentos todas as explicacións que nos deu Tere sobre as diferentes figuras que aparecen nas rochas.
Despedímonos dándolle a Tere unha forte aperta e prometéndolle voltar.
Grazas ás monitoras que nos acompañaron durante a visita que fixeron que esta saída sexa difícil de esquecer!
Grazas familias polo esforzo económico que fixéstedes para poidésemos disfrutar deste día tan especial!



martes, 2 de octubre de 2012

NÚMEROS ROMANOS

Xa sei que estades entusiasmados cos números romanos así que aquí vos deixo dous enlaces para seguir xogando.
 A por eles!


IMOS DE EXCURSIÓN!!!!

Este venres realizaremos unha visita ó Centro de Interpretación de Arte Rupestre de Campolameiro e para ir facéndonos unha idea do que imos a ver aquí tedes esté vídeo

jueves, 27 de septiembre de 2012

ACTIVIDADES MATEMÁTICAS TEMA 1

Como nos pasa con resto das materias, ainda non podemos acceder aos recursos dos novos libros de texto, mentras tentamos solucionar estos problemas imos botar man das actividades dos libros do curso pasado que tratan os mesmos  contidos.


miércoles, 26 de septiembre de 2012

ACTIVIDADES DE LINGUA CASTELÁ

De momento ainda non podemos acceder ás actividades dos novos libros de texto, nembargantes podedes empezar a repasar polas dos libros antigos.


ÉRASE UNA VEZ EL HOMBRE: ROMA

Neste vídeo podedes observar como era a sociedade da época onde había homes libres e escravos, a construcción de edificios e obras públicas ou como se divertían.

Espero que vos guste!


martes, 18 de septiembre de 2012

ÉRASE UNA VEZ EL HOMBRE...

Neste divertido vídeo podedes atopar moita información sobre a orixe do noso planeta e como comenzou a vida na Terra.
Espero que vos guste e que aprendades moito!




domingo, 16 de septiembre de 2012

A PREHISTORIA


Empezamos esta nova andaina con novos recursos que vos van a permitir acceder máis fácilmente e de xeito maís ameno aos contidos que imos a estudar ao longo deste curso..
En Coñecemento do Medio imos a estudar o tema de  Prehistoria e aquí vos deixo dous enlaces para comenzar.


Viajando a través de la historia

miércoles, 12 de septiembre de 2012

COMPARTINDO EXPERIENCIAS lll

Ola, son Ana:
Eu tamén vou compartir con vos as miñas experiencias das miñas vacacións, por certo son máis ben culturais ainda que fun a praia. Xa veredes....!
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación customized with Smilebox

domingo, 9 de septiembre de 2012

PREPARADOS, LISTOS.........EN MARCHA!

Comenza un novo curso no que imos a compartir unha morea de  novas experiencias así que o vindeiro mércores 12 ás nove menos cuarto espérovos a todos coas mochilas cheas de ilusión.


lunes, 27 de agosto de 2012

REPASO MATEMÁTICAS

XA QUEDA MENOS!
Aproveitade os días que vos quedan ainda de vacacións para disfrutar da praia ou da piscina e de vez en cando non vos esquezades de pasar polo blog e deixar pegada.
Para poñer de novo a mente en forma, nada mellor que darlle un repaso as matemáicas de 3ª, así que aquí vos deixo un enlace para repasar todos os temas que traballamos ao longo do  curso.