domingo, 30 de octubre de 2011

OBRADOIRO DE CABAZAS

O venres recibimos unha visita moi especial!

Os nenos e nenas de 5º A xunto coa profe Charo viñeron a compartir con nós un obradoiro de fabricación de cabazas.
A experiencia foi extraordinaria! Daba gusto velos traballar e colaborar para que cada un poideran levar unha magnífica cabaza elaborada con papel de cor laranxa a que non lle faltaba detalle. E como era O SAMAÍN tampouco poideron faltar os caramelos.


Esperamos que voltedes pronto a compartir máis actividades con nós!


viernes, 28 de octubre de 2011

SAMAIN

Como xa sabedes a noite do 31 de outubro celébrase o Samaín. É cando aparecen seres terroríficos que poden causarnos terror, pero non te preocupes que aquí che damos a solución.
Queres espantar os teus medos?
Segue estos pasos e desapareceran para sempre:
  1. Escribe nun papel eso que tanto te asusta.
  2. Mete ese papel nunha caixiña.
  3. Leva esa caixiña cos teus medos ata unha pota onde os teus compañeiros/as temén deixen os seus.
  4. Necesitas dun druída para que lle lea un conxuro espanta medos.
  5. E tamén precisas dunha meiga para que lle plante lume e os remexa con moito xeito para que todos se destúan e se convirtan en cinza.
Se necesitas máis información no blog da biblio tes un vídeo de como Fiz venceu os seu medos e tamén as instruccións e os conxuros que precises , ademáis dunha chea de libros de medo.

Mira que ben o fixemos nós!



miércoles, 26 de octubre de 2011

domingo, 23 de octubre de 2011

LIM SOBRE VOLCÁNS E AS ILLAS CANARIAS

Estes días seguro que escoitaste na tele ou vistes na prensa que na Illa del Hierro, en Canarias, a terra anda tremendo e unha gran mancha de lava está no mar. Como sabedes, no proxecto de Agrupacións Escolares traballamos cun cole de Canarias, así que imos ver que sabedes destes illas e dos volcáns. Aquí vos deixo un xogo para que practiquedes. Fíxoo a profe Susana, que era a profe dos Galileos, así que dámoslle as grazas por compartilo connosco. Clicade e a xogar.



viernes, 21 de octubre de 2011

MERCADIÑO SOLIDARIO

Hoxe foi un día moi especial no noso cole porque celebramos un MERCADIÑO SOLIDARIO con libros doados por todos nós co fin de recaudar fondos para o proxecto de UNICEF ¨Gotas de agua para Níger¨. Antes da venda leuse este manifesto que queremos compartir con todos vos.

Estivemos todo un ano traballando coa auga pero a agua non aparece. está escondida, sen ganas de baixar a enchernos de alegría. as noticías non paran de falar de recortes no suministro, de situación de risco se non chove, do baleiros que están os embalses… e iso que nos somos unha comunidade rica en auga.

Por iso a actividade de hoxe ten máis sentido ca nunca, podemos poñernos na situación daqueles aos que a chuvia non chega durante meses, non teñen embalses, camiñan horas por unha xerra de auga… e, día tras día, a historia volve repetirse.

Por iso queremos dar as grazas a cada un dos participantes que trouxo unha pinga de esperanza en forma de libro e agora, imos trocar as nosas pingas por outras, sabendo que ese intercambio convertirase en chuvia para Níger, chuvia que dará esperanza e novos horizontes a outros nen@s, que, coma nos neste momento, non paran de ver para o ceo pedindo auga para a vida.

Ánimo e con estas pingas literarias, enchamos de auga de cores a Níger e os nosos redores.

Grazas ás familias pola vosa colaboración e aos profes que sen petenecer ao proxerto Arce nos acompañaron nesta actividade.




martes, 18 de octubre de 2011

PANCHO E A MÁQUINA DE CREAR CONTOS

Este ano que imos traballar unha chea cos contos temos a ocasión de aproveitar os recursos online que nos poden axudar. Neste caso deixovos unha máquina moi especial coa que podedes crear os vosos contos. So tedes que seguir os pasos que vos indica Pancho, escoller escearios, personaxes e logo engadir o texto. Finalmente Pancho empaquetará o voso conto. Animádevos e colgade logo as vosas historias no blog para compartir cos demáis.

lunes, 17 de octubre de 2011

REPASO DE MATEMÁTICAS

Xa repasamos Lingua Castelá e agora toca MATEMÁTICAS.
Neste enlace tedes seis exercicios para repasar o tema 1.

Non vos descuidedes que esta semana hai examen de mates!

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U01/unidad01.htmEnlace

martes, 11 de octubre de 2011

12 DE OUTUBRO

Cando analizamos o calendario deste mes e vimos que o día 12 era festivo non entendíamos moi ben que é o que se celebra.
Si lle botades unha ollada a este vídeo poderedes saber algo máis sobre Cristobal Colón e tamén descubrir que feito tan importante pasou o 12 de outubro de 1492 para que ainda hoxe o sigamos celebrando.

FELIZ 12 DE OUTUBRO
!

domingo, 9 de octubre de 2011

LECTURA SILENCIOSA

Un ano máis os xoves e os venres vamos a adicar un tempo a lectura todas as persoas que estudan ou traballan no colexio.
É un momento moi esperado por tod@s para disfrutar do libro que eleximos da caixa que nos enviou Margarida ou que troxemos da nosa casa.

Así comenzamos!




jueves, 6 de octubre de 2011

GOTAS DE AGUA PARA NÍGER

Varias aulas do noso centro queremos participar na campaña de UNICEF ¨GOTAS DE AGUA PARA NÍGER¨ e para elo imos organizar un mercadillo solidario con libros donados polos nenos e nenas.
Pretendemos que os nosos alumnos e alumnas vivan de cerca a solidaridade e o compromiso cos que máis o necesitan.
E para ir coñecendo un pouco mellor os problemas doutras persoas que viven en países onde as condicións non son tan favorables coma no noso, déixovos unha canción.
Fixádevos ben no que dí.
Enlace

sábado, 1 de octubre de 2011

AS NOSAS PLANTAS

Chegou o outono é e un momento propicio para transplantar as plantas que xa tiñamos na clase e tamén de plantar outras novas.
Comenzamos plantando uns vistosos ¨coleos¨ e ademais como Tatiana nos trouxo un aguacate, sacámoslle a pebida e introducímola en agua para que lle medren as raíces e o talo para logo transplantala.
Agora toca cuidalas e esperar a que medren e así ir observando os cambios que se van producindo que é do que trata o tema que estamos estudando en coñecememto do medio.