viernes, 9 de diciembre de 2011

LARANXAS CON MEL

Unha vez máis disfrutamos da preparación e degustación dun delicioso plato!

Está semana impartiuse ás aulas de 3º e 4º un obradoiro de alimentos de temporada, pero nos quixemos dar un paso máis e nos achegamos ao supermercado Familia para facer un percorrido polas diferentes seccións e así poder ver de cerca as froitas e verduras que alí se podían mercar.
Pero a visita ao supermercado tamén tiña outro obxectivo que era mercar os ingredientes para elaborar un plato con produtos típicos desta época do ano.
Dividimos a clase en tres equipos, cada un tiña a súa lista da compra e dispuña de 4 euros para gastar. Daba gusto ver o ben que o fixemos a hora de contar os cartos para pagar e coller as voltas!.
Xa na clase, comenzamos por lavar as mans e pelar as laranxas e cascar as noces. Despois de decidir como ía a ser a presentacióndo do noso plato, colocamos na bandexa os diferentes ingredientes de forma creativa.

O resultado, ademais de vistoso, foi moi sabroso e nutritivo!



3 comentarios:

  1. PROFE VERO13/12/11 0:02

    Moi bo traballo. Lévome o artigo a VOZ NATURA

    ResponderEliminar
  2. mama Arrieta13/12/11 21:52

    A partir de ahora ,voy a dejaros la lista de la compra todos los viernes para que me compreis vosotros ya que veo que lo hicisteis estupendamante.

    ResponderEliminar
  3. Profe Luisa,voto moito de menos o blog, as receitas, as saídas, e todo o que fixemos o ano pasado. Como vos envexo¡¡
    FELICES FESTAS¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar