lunes, 26 de diciembre de 2011

QUERES FACERTE UNHA FOTO COS REIS?

Acabo se atopar no blog da Escola de Casalonga este xogo que comparte a compañeira Belén Junquera e pareceume moi axeitado para estes días de relax e vacacións.
Con el podedes crear o voso personaxe ao lado dos Reis Magos en diferentes escenarios

É super divertido!



jueves, 22 de diciembre de 2011

NORABOA ARRIETA!

Onte durante o festival de panxoliñas tivo lugar a entrega dos premios do IV CONCURSO DE ADIVIÑAS que cada ano se organiza dende a biblioteca.
Nesta convocatoria as adiviñas foron un chisquiño especiais porque todas elas estaban relacionadas co proxecto dos contos que estamos a traballar este curso e a verdade é que en algunhas non era nada doado atopar a resposta. Nembargantes foron moitos os nenos e nenas que semana tras semana participaron no concurso e por fin, onte coñecemos os gañadores:

1º posto: Arrieta de 3º A
2º posto; (triple empate)María 2º A , Sergio 4º B e Carolina 5º B

Noraboa!


viernes, 16 de diciembre de 2011

PAPÁ NOEL NECESÍTATE

Como xa vades a ser uns expertos en nutrición, tedes que axudarlle a Papá Noel a elexir un menú axeitado para poder ter enerxía suficiente para ser capaz e repartir os agasallos o día de Noiteboa

Anda, anímate a bótalle unha man!

viernes, 9 de diciembre de 2011

LARANXAS CON MEL

Unha vez máis disfrutamos da preparación e degustación dun delicioso plato!

Está semana impartiuse ás aulas de 3º e 4º un obradoiro de alimentos de temporada, pero nos quixemos dar un paso máis e nos achegamos ao supermercado Familia para facer un percorrido polas diferentes seccións e así poder ver de cerca as froitas e verduras que alí se podían mercar.
Pero a visita ao supermercado tamén tiña outro obxectivo que era mercar os ingredientes para elaborar un plato con produtos típicos desta época do ano.
Dividimos a clase en tres equipos, cada un tiña a súa lista da compra e dispuña de 4 euros para gastar. Daba gusto ver o ben que o fixemos a hora de contar os cartos para pagar e coller as voltas!.
Xa na clase, comenzamos por lavar as mans e pelar as laranxas e cascar as noces. Despois de decidir como ía a ser a presentacióndo do noso plato, colocamos na bandexa os diferentes ingredientes de forma creativa.

O resultado, ademais de vistoso, foi moi sabroso e nutritivo!



miércoles, 7 de diciembre de 2011

XOGO DO NADAL

A profe Ana Martínez Rey comparte connosco este LIM para traballar sobre o nadal. Xa veredes que hai actividades para o segundo ciclo. Clicade nelas e a xogar. Tamén podedes facer as de infantil ou, se vos atrevedes, as do terceiro ciclo. Espero que vos guste. Clicade na imaxe para comezar a xogar.



lunes, 5 de diciembre de 2011

OBRADOIRO DE ALIMENTOS DE TEMPORADA


O colectivo AMIGOS DA TERRA veunos a impartir un obradoiro de ALIMENTOS DE TEMPORADA co fin de concienciarnos de consumir as froitas e verduras propias de cada época do ano.
Ata non hai moitos anos era impensable comer tomates e leitugas no inverno ou laranxas no verán. As persoas, sobretodo as que vivían no rural tiñan no seus eidos diferentes froiteras de xeito que sempre poideran dispoñer de froita para o seu autoconsumo. Nembargantes, hoxe en día nos supermercados podemos atopar calquera variedade de froitas e verduras en calquera estación. Como é esto posible? A resposta é sinxela, estos alimentos veñen doutros lugares, a maioría das veces afastados por varios centos e incluso miles de quilómetros. E esto que supón? Pois por unha banda que estes produtos teñen que ser recolleitados antes de completar a súa maduración e deben conservarse en cámaras especiais coa conseguinte perda de sabor e propiedades nutritivas. Por outra banda, o ter que traelos dende tan lonxe supón encarecer os produtos ao ter que engadirlle os gastos de transporte, pero sobre todo debemos ter en conta que, sexa o que sexa o medio de transporte que utilicen, este vai a contribuir a contaminar o medio ambiente.

Xa sabedes, a comer froitas e verduras de temporada!