viernes, 30 de septiembre de 2011

VISÍTANOS O PROFESORADO DO PROXECTO ARCE

Esta semana estivemos preparándonos porque os profes de Agrupacións Escolares ian estar este venres no cole facéndonos unha visitar. Ocorreusenos que podiamos preparar unha entrevista para coñecer mellor as provincias de onde veñen e, a verdade, e que foi xenial. Os profes sentáronnse nos nosos sitios, nos no chan e comezamos a preguntar. Aquí vos deixamos un par de vídeos, o primeiro co making off e o segundo cun pequeno resumo do transcorrer da xornada.



miércoles, 28 de septiembre de 2011

PROXECTO ARCE



Varias aulas do noso centro participamos no Proxecto ARCE e este xoves vaise a producir o encontro do profesorado participante na Escola de Casalonga en Teo e o venres virán a visitarnos ao noso cole.
Os profes estivemos preparando os materiais que lle enviaremos para que poidan coñecernos un chisquiño e nada mellor que empezar con unha foto d@s alumn@s da cada clase.

Mirade que guapos saímos @s de 3º A!


martes, 27 de septiembre de 2011

MELLORANDO A ATENCIÓN

Cando vedes algo prestades atención? Fixádesvos en cada detalle? Podedes lembrar todo o que apareceu na imaxe? Normalmente estamos tan cheos de información que non reparamos nas pequenas cousas. A agudeza visual e a atención hainas que traballar para que non queden durmidas, por iso, déixovos este xogo cheo de recursos para mellorar a atención. Estade atentos porque parece moi fácil pero... igual levades algunha sorpresa. Clicade e a xogar.






viernes, 23 de septiembre de 2011

APRENDER A APRENDER

Xa sodes nenos e nenas de terceiro e a partir de agora vades a ter que adicar un tempo diario a realizar tarefas escolares na casa. Estos días estivemos comentando na clase a importancia de adquir uns bos hábitos de estudo agora porque vos van a ser útiles agora e en etapas posteriores. Estas son algunhas das recomendacións para vos e para as vosas familias.

APRENDO A ESTUDIAR


PINCHA SOBRE A IMAXE E PASA AS FOLLAS

miércoles, 21 de septiembre de 2011

ORDE ALFABÉTICA

Non so temos que practicar matemáticas así que agora toca un pouco de lingua castelá. Lembrades como se ordenaba alfabéticamente? Seguro que si.
Demostra canto sabes con estes xogos!

MÁIS XOGOS DE NÚMEROS!

Como sei que gustan moito estudar coa axuda do ordenador déixovos unhas cantas páxinas para que repasedes os números de tres cifras.
Pincha sobre a imaxe para comenzar a xogar.
Non teñas presa por facelos todos hoxe porque hai para repasar todos os contidos de terceiro.

A POR ELES!






domingo, 18 de septiembre de 2011

UN XOGO PARA MENTES DESPERTAS

Prometinvos que esta fin de semana os publicaba un xogo e despois de moito buscar atopei este de comparar números e cantidades.
Espero que vos guste.




http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/a/1/ca1_07.html

Para xogar fai click sobre o enlace para xogarEnlace