viernes, 22 de julio de 2011

REPASAMOS AS HORAS

Despois deste periodo de descanso no que aproveitei para viaxar a diferentes lugares da nosa xeografía e coñecer museos e lugares interesantes dos que próximamente vos irei informando para que visitedes coas vosas familias, voltamos a poñernos en marcha!
A partir de agora tentarei actualizar o blog con máis frecuencia e publicar artigos que ainda quedaron pendentes. Espero os vosos comentarios para saber que estades ahí!

Hoxe toca algo de mates e vamos a repasar as horas.

Para @s que ainda non o teñades moi claro, con esta páxina podedes empezar por uns exercicios moi sinxelos que van aumentando pouco a pouco a dificultade. Non vos asustedes porque aparece en catalán, na parte de abaixo na esquerda aparece unha flecha de avance que vos vai dar a opción de escoller o idioma.

Para @s expert@s, uns un pouco máis complicados.

http://www.genmagic.org/mates2/reloj_cas.swf

Xa me contaredes que vos parecen...... e a seguir disfrutando das vacacións.

martes, 5 de julio de 2011

TAREFAS DE VERÁN

O prometido é deuda!

Así que vos vou ir deixando tarefas para estes días.

Necesitamos unha pequena redacción sobre a excursión a Santiago para colgar as fotos, así que animádevos a escribir e a enviala ao noso correo. Todas sairán publicadas.

Que vos parece empezar por repasar algo de historia? Neste enlace tedes varios xogos sobre a prehistoria.

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos_jcyl/pasatiempos_prehistoria/index.htm

Espero que vos guste!