lunes, 6 de junio de 2011

OS AVÓS VOLTAN A VISITARNOS

O pasado venres compartimos cos nenos e nenas de infantil a última visita dos avós neste curso.
Eu non vos vou contar nada máis porque quen mellor que Alex Barros para darnos a súa versión.

O venres veu o meu avó ao cole e tamén a nai e a avoa doutro neno.
Viñeron a contar cousas sobre a auga e tamén dos muiños de antes e de moitas cousas máis.

E tiven que presentar ao meu avó e pasei un pouco de vergoña.

Despois puxeron un vídeo sobre os muiños de Reboreda e ían contando de cada un o seu nome e de quen era.
Caando rematou este vídeo puxeron outro de cantigas e íamos cantando as que sabiamos xa que algunhas eran coñecidas.
A nai do outro neno contou unha historia moi interesante dun tío da súa nai. Cando este rapaz ía cun saco de gran para o muiño atopouse cunha avioneta estrellada nun campo.

o meu avó tamén contou como se fixo a biblioteca, o patio cuberto e outras obras cando miña nai e meus tíos estudaban no cole e el era o presidente da ANPA.

Gústaríame que volvese o meu avó e nos puxese vídeos de como traballa coas abellas xa que el é apicultor.

Alex Barros


O único que me queda por engadir é agradecer a todos os familiares que nos acompañaron ao longo deste curso e compartiron co nós a súa experiencia e sabiduría, brindándonos a oportunidade de achegar aos cativos a nosa realidade e identidade cultural da man duns excelentes expertos.
Moitas grazas!

3 comentarios:

  1. profe Vero9/6/11 18:02

    Ola, a carta non se pode ler, parece un código dos exipcios. Revisádeo porfa

    ResponderEliminar
  2. Alex Barros10/6/11 10:34

    A min gustoume moito a visita do meu avó e ainda máis polo meu artigo.
    Gracias por vir avó

    ResponderEliminar
  3. profe Vero10/6/11 13:44

    Xa se pode ler a carta. Grazas

    ResponderEliminar