miércoles, 29 de junio de 2011

SORPRENDE AOS TEUS AMIGOS!

Queres quedar como un auténtico ou auténtica crack?
Pois non tes máis que convidar a uns cantos amigos e prepararlles en menos dunha hora un exquisito xeado. Pero, onde está a sorpresa? preguntarédevos moitos de vos. Pois en que non se mete no conxelador nin se necesita ningún aparello especial. Non o credes?A verdade é que nos nun principio tampouco.
Ó comenzo do curso Isaac trouxonos unha receita para facer xeado no taller de cociña. Os ingredientes eran batido de chocolate e nata para facer o de sabor a chocolate e leite, nata, azucre e xirope de fresa para facer o de sabor a fresa ademais de xeo e sal. Como era unha receita moi axeitada para combatir os calores desta época deixámola para poñer a guinda ao noso taller de cociña.

E COMA SEMPRE DELICIOSO!

Hai varias vídeos en internet onde explican o proceso utilizando diferentes ingredientes, este é un deles por si queredes ver o proceso completo.
http://www.youtube.com/watch?v=PCw609Yseog

GRAZAS A ISAAC E A SÚA FAMILIA POLA RECEITA E POR FACILITARNOS OS INGREDIENTES!!!!!

Antes de que me esqueza, espero os vosos comentarios y un pequeno reto

QUEN ME PODE EXPLICAR POR QUE SE LLE BOTA SAL AO XEO?



domingo, 19 de junio de 2011

EXCURSIÓN A SILLEDA

Nunca unha saída deunos para traballar tantos contidos de C. do Medio.
Na granxa comenzamos por visitar a ribeira dun río e observar as árbores: ameneiros, abeleiras, salgueiros, loureiros.... Despois visitamos un muiño e poidemos ver de cerca as diferentes partes.
Cansos e con moita fame tomamos un bo almorzo. Ó rematar dispuxemos de tempo libre para compartir xogos e disfrutar das magníficas instalacións da granxa-escola.
Pola tarde, xa de volta ó traballo, comenzamos cun xogo que nos permitiu repasar os coñecementos que adquirimos a mañá sobre as árbores. Despois cuns sinxelos experimentos vimos o ciclo da auga, o mecanismo dun pozo de barrena....
O remate foi espectacular, achegámonos ata unha charca e poidemos ver de cerca este incrible ecosistema, pero a cousa non quedou aí, no laboratorio tíñannos preparadas varias cubetas con tritóns, ninfas de líbélulas, pequenos crústaceos... e en pequenos grupos nos mostraron e explicaron as características de cada un deles.

Xa na clase valéndonos do Google maps, localizamos Silleda e analizamos os km e o tempo das tres rutas máis importantes para ir a esta vila. Lembramos os accidentes xeográfícos, os cultivos e as explotacións agrarias que poidemos ver durante a viaxe e ademais poidemos facer suposicións de cales poden ser os sectores económicos máis importantes da zona.

As instalacións, os monitores e sobre todo o comportamento e saber estar dos nosos nenos e nenas, tanto dos Vincis e coma dos de 4º A, fixeron que ésta sexa unha excursión difícil de esquecer.


martes, 7 de junio de 2011

MANOLO, O AVÓ DE ALEX, VISÍTANOS

A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Manolo, o avó de Alex, veu a visitarnos ao cole e contounos unha chea de cousas: falaunos da súa época de cativo, do moito que traballou na ANPA e dos muiños de Reboreda.
Estivo acompañado de Fermina, unha amiga e veciña que tamén estaba de visita no cole. Miramos vídeos dos muiños e falamos de moitísimas cousas.

Para quedar cun bo sabor de boca, estiveron cantando unha chea de cantigas das que se cantaban cando ian ao muiño a moer. Algunhas eran tan coñecidas que ata nos atrevimos a cantaruxar un pouco.

Foi xenial escoitalos e compartir un anaco do noso tempo no cole con eles.

MOITÍSIMAS GRAZAS A MANOLO E A FERMINA, AS PORTAS DO COLE QUEDAN ABERTAS PARA CANDO QUEIRADES VOLVER.
ASÍ FALARON OS AVÓS


CANTAMOS CANTIGAS


Tedes máis información aquí, clicade e veredes os artigos de pequesreboreda relacionados coa visita.

lunes, 6 de junio de 2011

OS AVÓS VOLTAN A VISITARNOS

O pasado venres compartimos cos nenos e nenas de infantil a última visita dos avós neste curso.
Eu non vos vou contar nada máis porque quen mellor que Alex Barros para darnos a súa versión.

O venres veu o meu avó ao cole e tamén a nai e a avoa doutro neno.
Viñeron a contar cousas sobre a auga e tamén dos muiños de antes e de moitas cousas máis.

E tiven que presentar ao meu avó e pasei un pouco de vergoña.

Despois puxeron un vídeo sobre os muiños de Reboreda e ían contando de cada un o seu nome e de quen era.
Caando rematou este vídeo puxeron outro de cantigas e íamos cantando as que sabiamos xa que algunhas eran coñecidas.
A nai do outro neno contou unha historia moi interesante dun tío da súa nai. Cando este rapaz ía cun saco de gran para o muiño atopouse cunha avioneta estrellada nun campo.

o meu avó tamén contou como se fixo a biblioteca, o patio cuberto e outras obras cando miña nai e meus tíos estudaban no cole e el era o presidente da ANPA.

Gústaríame que volvese o meu avó e nos puxese vídeos de como traballa coas abellas xa que el é apicultor.

Alex Barros


O único que me queda por engadir é agradecer a todos os familiares que nos acompañaron ao longo deste curso e compartiron co nós a súa experiencia e sabiduría, brindándonos a oportunidade de achegar aos cativos a nosa realidade e identidade cultural da man duns excelentes expertos.
Moitas grazas!

miércoles, 1 de junio de 2011

GRANXA ESCOLA FERVENZA DO TOXA

O vindeiro luns 13 de xuño, os nenos e nenas de 4ºA e de Educación Infantil de 5 anos vamos a ir pasar o día a Granxa Escola Fervenza do Toxa. Esta visita inclúese no proxecto ARCE no que participamos conxuntamente con outras aulas no noso centro.

Se queredes saber onde está situada a granxa aquí tedes o plano.




As
actividades que vamos a desenrolar teñen como eixo central o tema da AUGA


Enlace
Se queredes saber máis deste centro ocioeducativo non tedes máis que entrar na súa páxina
http://www.granxaescola.com/


Esperamos aprender moito... e divertirnos outro tanto coa visita.