miércoles, 18 de mayo de 2011

A CAMISETA DE AGRUPACIÓNS

Este ano temos en marcha un concurso para buscar unha camiseta que nos represente a todos os membros de Agrupacións Escolares. Para isto propuxemos que cada clase do proxecto fixera un debuxo, ben en equipo ou facendo unha selección na aula é a colgara. O prazo de entrega dos debuxos rematou o 6 de maio e agora toca votar. Como?


Temos unha conta en Facebook e dende alí hai que escoller o debuxo que nos gusta e deixar o noso voto. Os debuxos máis votados de cada curso formarán parte da camiseta de agrupacións. Aquí tedes unha pequena guía paso a paso para que saibades como votar, porque tamén se pode votar dende a casa. Ánimo e axudádenos a escoller o debuxo da camiseta.
Para poder facer todo isto, non esquezades facer unha solicitude de amizade. Nos andamos no facebook todos os días, así que en canto chegue, xa vos damos de alta.
Aquí vos deixo o enlace onde podedes votar. Clicade na imaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario