sábado, 28 de mayo de 2011

O ÚLTIMO DÍA DA LECTURA SILENCIOSA

Despois de todo un ano adicando vinte minutos os xoves e os venres a ler, toca despedir esta actividade ata o vindeiro curso. Para iso nada mellor que sair ao aire libre, disfrutar dos sons na natureza envoltos nas máxicas verbas dalgunha historia.
Aínda que a hora de ler chegue ao seu fin, nos seguiremos lendo, imaxinando e disfrutando cos nosos libros.



miércoles, 18 de mayo de 2011

A CAMISETA DE AGRUPACIÓNS

Este ano temos en marcha un concurso para buscar unha camiseta que nos represente a todos os membros de Agrupacións Escolares. Para isto propuxemos que cada clase do proxecto fixera un debuxo, ben en equipo ou facendo unha selección na aula é a colgara. O prazo de entrega dos debuxos rematou o 6 de maio e agora toca votar. Como?


Temos unha conta en Facebook e dende alí hai que escoller o debuxo que nos gusta e deixar o noso voto. Os debuxos máis votados de cada curso formarán parte da camiseta de agrupacións. Aquí tedes unha pequena guía paso a paso para que saibades como votar, porque tamén se pode votar dende a casa. Ánimo e axudádenos a escoller o debuxo da camiseta.
Para poder facer todo isto, non esquezades facer unha solicitude de amizade. Nos andamos no facebook todos os días, así que en canto chegue, xa vos damos de alta.
Aquí vos deixo o enlace onde podedes votar. Clicade na imaxe.

lunes, 16 de mayo de 2011

MOVILAB

O martes 10 de maio fixemos unha visita sorpresa a un laboratorio móbil que tiña dúas zonas ben diferenciadas, nunha vimos cousas sobre a luz e noutra cousas a través dunha lupa binocular.
Na primeira sala, explicaronnos como se facía a luz mesturando luminol e auga osixenada, a policia cinetífica para descubrir restos de sangue e pegadas usa tamén lámpadas ultravioletas. Nos ensinaron tamén que as sinais de emerxencia teñen luz porque a absorven de outras fontes luminosas cando están acesas.
Na segunda sala turnamonos para ver a través dunha lupa binocular distintos preparados: sedimentos de pedras, insectos, polén, azucre....

Aprendín moitas cousas e foi unha visita divertida e entretida.

Espero que MOVILAB volva a Redondela con outras actividades.

Isaac


miércoles, 4 de mayo de 2011

UN POUCO MÁIS DE HISTORIA

Sabías que....?

  • Os celtas facían as súas casas, os castros, con forma redonda porque eran moi supersticiosos e pensaban que así os espíritos non se poderían agochar.

  • Os nosos antepasados do Neolítico construían dolmens (grandes lousas de pedra con outra enriba delas) para que as aves carroñeiras non comeran os corpos dos defuntos xa que estos monumentos eran usados para os enterramentos.

  • Na época do Imperio Romano a cidade de Lugo chámabase en latín ¨ Lucus Augusta¨ xa que recibiu o nome do emperador Julio César Augusto. Os romanos converteron o noroeste da península en provincia romana ( Gallaecia) e Lucus era a cidade máis importante por eso recibiu o nome do emperador.


Isaac