miércoles, 27 de abril de 2011

CONTINUA A HISTORIA

A IDADE ANTIGA

A Idade Antiga comenzou coa invención da escritura e rematou coa caida do Imperio Romano. A súa duración é de máis ou menos 3.500 anos.
A escritura inventouse fai 5.000 anos en diferentes lugares ao mesmo tempo. Nestes lugares xurdiron as primeiras civilizacións e cada unha tiña o seu territorio, a súa lingua e costumes diferentes. Pero tamén había outros lugares que ainda seguían con modos de vida primitivos. Un deles foi Galicia no que a escritura non chegou ata o século I antes de Cristo.
En Italia naceu o Imperio Romano que conquistou gran cantidade de pobos de Europa e norte de África e ata os nosos días nos chega o seu influencia.
Alex F.

Para saber máis podedes ver os seguintes vídeos






sábado, 23 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Nesta data especial queremos facer lembrar o acto que se celebrou o pasado luns 11no noso centro onde se fixo a presentación da edición especial do libro ¨ O señorito da Reboraina¨ do insigne escritor D. Ramón Otero Pedrayo. Este libro ten un significado especial a para nós xa que o seu protagonista é D. Xoan Manuel Pereira, un veciño da parroquia de Reboreda.

Neste acto tivemos a oportunidade de escoitar unha fermosa historia contada polo noso director na cal nos narraba a orixen deste libro, ver unha presentación en power point sobre ¨O noso patrimonio¨ e ademais contamos coa presencia do escritor e director da Ed. Galaxia D. Víctor Freixanes que unha vez máis nos encandilou coas súas palabras. O acto rematou cunha actuación musical a cargo da profe Isabel e o seu grupo.

Aquí vos deixo cunha pequena mostra do que poidemos ver.

Como seguro que vos sabe a pouco tedes máis información no blog da biblio.

Celebra este día na compaña dun libro.

FELIZ DÍA DO LIBRO!


lunes, 18 de abril de 2011

DÍA DA ÁRBORE

O pasado venres celebramos o Día da árbore.

Esta data é moi especial porque é un día no que realizamos diferentes actividades en contacto coa natureza e co fin de contribuir a adquirir hábitos de coidado e respecto polo noso entorno.
Este ano desplazamos ata Ventosela e alí coa axuda da Comunidade de Montes cada clase plantou con moito cariño unha árbore. Dentro de dous anos cando voltemos esperamos atopalas grandes e fermosas. Despois xogamos cos sacos, zancos, corda....
E para repoñer forzas a Comunidade de Montes convidounos a empanada e a zumes e nos ademáis tíñamos as nosas pastas que preparáramos o día anterior e poidemos confirmar que estaban realmente boas.

Este ano como o Día do libro coincide coas vacacións de Semana Santa, quixemos tamén conmemorar esta data agasallando as familias cunha edición especial do libro O señorito da Reboraina e cun práctico macuto.


jueves, 14 de abril de 2011

TALLER DE COCIÑA

Unha vez máis utilizamos o taller de cociña para traballar contidos de varias áreas.

O martes fomos o supermercado Familia a facer a compra dos ingredientes que necesitabamos e de paso poder observar os productos que había nas diferentes seccións.

Hoxe era o día que íamos a cociñar as deliciosas pastas. Cada un dos catro equipos fixo un tipo: pastas de laranxa, con chocolate, con améndoas e con vainilla. Ainda que non as poidemos comer porque estaban moi quentes, polo cheiro e o aspecto podemos supoñer que van a ser exquisitas.

¡Mañán é o gran día!

Vamos a ir o monte e imos necesitar moita enerxía. Nada mellor para repoñer forzas que as pastas caseiras que preparamos xuntos.





domingo, 3 de abril de 2011

EXCURSIÓN AO MUSEO DO MAR

O pasado xoves fomos a Vigo a facer unha visita ao Museo do Mar.
Alí fora estivemos vendo unha maqueta de todo o museo. Unha vez dentro, explicáronnos porque tiñan un barco alí dentro, era unha maqueta do barco no que navegou o científico Charles Darwin. Tamén había un submarino que foi construido por si nos atacaba EEUU.
Pasamos a outra sala onde había utensilios que se utilizan para pescar e hasta nos puxeron un motor dun barco a funcionar.
Despois baixamos a outra sala oscura que semellaba o fondo do mar.
Logo pasamos ao acuario e alí había peixes típicos da Ría de Vigo.
Cando rematamos marchamos á praia de Samil. Alí merendamos e xogamos moito na area.

Pásamolo moi ben!

Espero que se volva a repetir porque foi a mellor excursión!


Alex Barros