miércoles, 2 de marzo de 2011

VISITA DA AVOA DE ISAAC

Comenzamos as visitas dos nosos maiores a aula. Grazas a súa experiencia e sabiduria vamos a coñecer un pouco mellor a cultura e as tradicións do noso pobo.
Este martes tivemos a fortuna de recibir a Juana, a avoa de Isaac, e aquí temos como viviu o seu neto esta experiencia.

A min encantoume que a miña avoa viñera ó cole pero tiña medo de que se quedara a durmir.
Veunos a contar cousas da auga. Ao principio díxonos que tiñan que andar ata un quilómetro cun balde na cabeza ata a fonte. Despois mentras ela contaba cousas da súa xuventude, nos facíamos comentarios e preguntas sobre as formas de rego, as pozas, os manatiais...... Ao final despedímola con un gran aplauso e eu quedei en deuda con Juana, a miña avoa, polo bo momento que nos fixo pasar.
Isacc


O resto dos nenos, nenas e mestra tamén estamos en deuda con Juanita.

Moitas grazas!


3 comentarios:

  1. profe Vero4/3/11 19:31

    Isaac encantoume o teu artigo, nótase que está feito co corazón. Nos libros de texto non se fala de ningunha das cousas que contou a túa avoa pero estou segura que nesta visita aprendestes máis que con calquera libro. Non hai nada mellor que a sabedoría dos nosos avós, e da gusto ver a rapaces da vosa idade sabendo aprecialo. Coidádeos moito porque contribuiron a facer o mundo que temos hoxe en día e todos os seus sacrificios foron para dar unha vida mellor aos seus fillos e netos.

    ResponderEliminar
  2. A visita de a avoa de Isaac Juanita nos explicou moitas cousas .Tiñan que andar 1kilometro para coller auga. Que sorte que agora nos saia do grifo

    ResponderEliminar
  3. A Visita DA avoa ISAAC foi empresionante.

    ResponderEliminar