viernes, 25 de febrero de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana recibimos unha sorpresa!

Pedro e Lorena trouxéronnos de parte da biblioteca unha mochila con varios libros para adultos e nenos, unha revista , unha película e un xogo de ordenador. Cada semana un neno ou nena levará a mochila para a súa casa e dende o xoves ata o martes poderá disfrutar coa súa familia dos materiais que contén.

Isaac foi o primeiro en estrear o empréstito.

Esperamos os comentarios para contar que vos parece a experiencia.



martes, 22 de febrero de 2011

RESOLUCIÓN DOS PREMIOS ECOMETTA

Un ano máis os debuxos dos nenos/as do cole de Reboreda destacan nos premios Ecometta.

NORABOA A TODOS E TODAS!

Este e o email que nos mandaron

Hola amigos/as de Galicia:

Os informo de que hoy hemos hecho coincidir la actualización de la web de Ecometta y el cambio del logo de la Asociación, con la publicación de los ganadores de los Premios Ecometta de dibujo meteorológico y medio ambiental. He de felicitar al Colegio ( y a vosotros/as también…por supuestoGuiño) porque ha conseguido un primer premio en la categoría de Cirrus de 3 años. con el 191 -ALICIA Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters

Pero esto no es todo, varios dibujos han sido nominados para ganar – entre ellos el :
205 -ALBA PÉREZ Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters
204 -NAIARA Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters
172 -ALBA ROZA Edad: 4 años. – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Sinefos.
232 -Marcos Edat: 5 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Los Vincis
219 – Alba Edad: 11 años. Título: El Arco Iris de la fantasía – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo 6ºB O Manantial (Estuvo a punto de ganar)
221 – Pedro Edad: 11 años. Título: Un día de temporal en un acantilado – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo 6ºB O Manantial.

y tendrán como premio, a parte de un pequeño obsequio y un diploma, que sus trabajos serán expuestos en una galería en Barcelona para que los puedan admirar muchas personas, incluidos los medios de comunicación.

Próximamente daré a conocer el lugar y las fechas de la exposición. Si los padres o vosotras no podéis venir (¡Ojalá pudiérais!), publicaré las fotos de la exposición en la web.

Seguiremos en contacto para la entrega de premios
¡Muchas gracias por todo!
Biquiños!!!!!
Enrique Sánchez y familia
www.eltiempodelosaficionados.com
eltempsdelaficionat@hotmail.com
www.ecometta.org
ecometta@ecometta.org

Aquí tedes a Alba e a Pedro cos seus debuxos



viernes, 18 de febrero de 2011

XERARDO QUINTIÁ VISÍTANOS

O escritor do libro ¨ A verdadeira historia do burro Feldespato¨ Xerardo Quintiá veu ao cole de Reboreda a falarnos da súa vida, dos seus libros, e da sua experiencia como escritor.
Contounos que naceu e pasou a súa infancia en Friol (Lugo) , xa de adulto desempeñou varios traballos: camareiro, vendedor de libros, comercial de roupa....., pero a súa paixón e escribir

Ten publicados con varios libros para adultos e tamén para nenos.. O primeiro libro que escribiu para público infantil foi¨ Fínisimo pó nas ás¨ que trataba dun neno que vive nunha aldea de Lugo e que ven a contar un pouco a súa vida.

Explicounos que para ser escritor é necesario ler moito e que non basta coa inspiración senon que un libro é froito do traballo de moitas horas. Escribir un libro pode levar varios anos e non sempre é fácil crear un relato.


Así a ¨ A verdadeira historia do burro Feldespato¨ xurdiu a partir de dúas
historias diferentes, a de Marica Pendella e a do burro Feldespato e non daba coa forma de rematalas ata que se lle ocurriu unilas e así como xurdiu esta preciosa historia dun amor imposible entre un burro e unha bruxa.


Rara rematar recomendounos o seu último libro ¨Ke-tumba Ke-tamba¨ que estamos desexando ler e tamén nos asinou os nosos libros.

domingo, 13 de febrero de 2011

TALLER DE ESCRITURA

O pasado venres 11 de febreiro veu o cole Francisco Castro, díxonos que era un escritor e viña a ensinarnos a facer poemas.
A verdade é que é moi fácil e divertido.

Queredes aprender a facer poemas?

O primeiro que hai que facer é escribir 5 palabras bonitas. Despois hai que combinalas de tal xeito que expresen sentimentos seguindo unha estructura fixa. Logo engadísmoslle os versos eu en ti /e ti en min e por último, poñemos en escaleira tres verbos rematados en- ando que teñan que ver co poema e ....
Listo, xa temos un fermoso poema!

Por exemplo coas palabras caricia, bico, querer, amar ,vida temos:
A caricia no bico
o bico no querer
o querer no amar
e o amar na vida.

Eu en ti
e ti en min.

Acariciando,
bicando,
vivindo.

Alex F


Ou con arco da vella, árbore, ledicia, natureza, universo temos:

O arco da vella na árbore,
a árbore na ledicia,
a ledicia na natureza,
a natureza no universo.

Eu en ti
e ti en min.

Aprendendo,
querendo,
cantando.

Isaac

Autores artigo Alex F. e Javi




jueves, 10 de febrero de 2011

QUE ÉXITO!

Xa facía tempo que non disfrutabamos tanto facendo e sobretodo comendo no taller de cociña .
Hoxe tocaba facer uns exquisitos paninis de xamón e queixo, unha receta sinxela e fácilisima, pero moi, que moi sabrosa.
Traballamos en pequenos equipos de 3 persoas onde todos colaboran untando tomate, engadindo xamón e queixo e espolvoreando con ouregos ... So precisamos axuda dun adulto para cortar o pan e para fornealos, o resto..... é cousa de nenos!

Animádevos a facelos, seguro que repetides!




viernes, 4 de febrero de 2011

PÁXINA PARA REPASAR

Nesta páxina podedes entrar para repasar os contidos das diferentes materias.
Xa sabedes clicades en Repasos e logo elexides asignatura e a continuación o tema do que queredes facer as actividades.