domingo, 30 de enero de 2011

Poema da paz

Estos días andivemos moi ocupados preparando o DÍA DA PAZ. O mércores fixemos un marcapáxinas coa pomba da paz e unha pinga de auga e o xoves escribimos poemas. Aquí tedes a recopilación dos versos que máis nos gustaron.
Se eu poidese

Se eu poidese ter o don de transformar o mundo
eu transformaría a maldade en bondade.

Se eu poidese ter o don de cambiar a humanidade
eu transformaría a pobreza en igualdade.

Se eu poidese non existiría o odio
eu o convirtiría en amor.

Se eu poidese acabaría coas armas
eu as convertiría en medicamentos.

Se eu poidese enchería o mundo
de amor, cariño e paz.

Ah, si eu poidese.





lunes, 24 de enero de 2011

EXCURSIÓN AO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA E NATURNOVA

O pasado xoves os nenos e nenas do 2º ciclo desplazÁmonos en autobús ata Vigo para asistir a un concerto e para visitar Naturnova.
No centro cultural NOVACAIXAGALICIA poidemos escoitar un concerto de música popular galega e coñecer de cerca diferentes formacións músicais: os copleiros, as cantareiras, os cuatetos e as murgas. E non só escoitamos senón que os acompañamos coas palmas e cantamos a requetecoñecida Rianxeira.

Despois dun breve descanso para repoñer forzas ainda nos agardaban unha chea sorpresas no NATURNOVA. En primeiro lugar, explicáronnos o que podíamos atopar en cada unha das tres salas que íamos a visitar e nos distribuiron en grupos para poder entrar por turnos nun simulador dun submarino. A viaxe en submarino polo fondo da ría de Vigo foi impresionante.
En cada sala había ordenadores con xogos e información aos que podíamos acceder libremente.
A hora e media que estivemos alí dentro pasóusenos voando.
A maioría estamos desexando repetir a visita unha fin de semana coa nosa familia.


miércoles, 19 de enero de 2011

ESCRIBIMOS UNHA CARTA?

Estes días andamos as voltas coas cartas, ben porque foi tempo de escribir as cartas de reis, porque chegan os namorados que hai que sacar os sentimentos ou para aproveitalas e facer reinvidicacións. Claro que non todas as cartas son iguais nin serven para o mesmo. Para lembrar as partes dunha carta e decidir como facer as nosas déixovos esta animación que o explica moi ben. So tedse que clicar na imaxe.


domingo, 16 de enero de 2011

MÁIS DOS ECOSISTEMAS

Vin que estades estudiando os ecosistemas. Buscando información atopei unha experiencia do cole Gabriela Mistral, con nen@s de 4º de primaria que fixeron terrarios na aula para poder crear un ecosistema. Aproveitaron botellas de plástico baleiras e quedáronlles chulísmos. Aquí tedes as fotos co resultado.



Esta é o blog do centro de onde saquei a información:

http://colegio-gabriela-mistral.blogspot.com/2006/11/4o-de-primaria-creando-un-pequeo.html

Tamén vos deixo unha aplicación CLIC onde podedes xogar e repasar o aprendido. Clicade na imaxe e probade. Tede un pouco de paciencia, e deixade que cargue. Espero que vos guste.

jueves, 13 de enero de 2011

OS ECOSISTEMAS

Sempre que estudamos un tema de Coñecemento do Medio utilizamos algún vídeo para axudarnos a comprender mellor os conceptos.

Agora estamos traballando sobre os ecosistemas e para empezar aquí tedes un vídeo sobre os diferentes ecosistemas no que se poden ver as condicións fisicas de cada un deles e os seres vivos que os habitan.

miércoles, 12 de enero de 2011

A FERVENZA DE REBOREDA

Algunha vez fostes a fervenza de Reboreda? Sabedes onde está? E algo da súa historia?
Nos estamos un pouco preocupados porque os camiños que van a fervenza están moi descoidados ou pechados e damos moita mágoa que un paraxe natural tan fermoso non poida ser disfrutado. Por iso queremos facervos unha proposta, que podemos podemos facer para que a Fervenza de Reboreda teña un mellor acceso?. Podedes darnos ideas, propostas, recordos, protestas… ou calquera cousa que se vos ocurra para poder facer actividades de impacto que salven este entorno tan fermoso e que, agora mesmo, case non se pode disfrutar. Queremos recoller as vosas aportacións para poder levalas ao concello no nome do cole e, aproveitando que estamos próximos as eleccións, poidamos ter un entorno mellor. Eu tiven unha idea, sabedes que é unha flahsmob? Non sería unha pasada montar unha todo o cole e facela diante do concello?

No poster de abaixo tedes vídeos e páxinas con información, poñédedos enriba das fotos, clicade e informádevos. Así que, xa sabedes, enchernos de comentarios coas vosas ideas.