martes, 28 de diciembre de 2010

CONCURSO ECOMETTA

Un ano máis queremos participar cos nosos debuxos no concurso Ecometta. Con moita dedicación e entusiasmo fixemos os debuxos con fenómenos atmosféricos e con algún elemento para coidar e manter limpo o noso entorno,

Estos son os nosos marabillosos debuxos


domingo, 26 de diciembre de 2010

VOLTAMOS A FACER PAN DOCE

Para rematar este trimestre tan intenso nada mellor que traballar as matemáticas cunha deliciosa receta de cociña. As sumas, restas, multiplicacións e divisións sirvennos para calcular coste de cada ingrediente , o precio final do pan, canto nos corresponde a cada un...
Comenzamos por pesar e os ingredientes e intoducilos na panificadora. Mentras a máquina quenta, amasa, fermenta e coce botamos as contas. O intenso cheiro a anís e azahar acompañanos durante máis de tres horas, que é o tempo que tarda en estar listo o pan.

Unha forma moi doce e exquisita de aprender!

BO NADAL

O pasado mércores celebramos no colexio o festival de panxoliñas no que actuamos todos os nenos e nenas do cole e tamén os profes.
Os de cuarto preparamos coa profe Loli unha fermosa panxoliña titulada De oriente. Esta foi a nosa actuación e con ela queremos desexarvos a todos:

BON NADAL!


domingo, 19 de diciembre de 2010

RECURSOS DE NADAL

Agora que ven o Nadal e dentro duns días xa imos estar de vacacións imos deixarvos algunhas páxinas interesantes para mandar postais, crear elfos ou pasar un bo rato xogando coas personaxes do Nadal.

En primeiro lugar aquí vos deixo un enlace onde podedes escoller postais, escribir nelas o que queirades, poñerlles emoticonos navideños, engadirlles música e moitas opcións máis. Clicade na imaxe e escollede a que máis vos guste.



Tamén podedes convertirvos en Elfos, so tedes que entrar, e seguir os pasos. É importante que teñades no ordenador algunha foto para que o elfo teña a vosa cara. Despois escolledes o baile que queredes e xa podedes enviala a quen queirades. Seguro que tanto vos como os que a reciban non poderedes sacar o sorriso da cara.



Finalmente, aquí tedes uns xogos navideños para pasar bos ratos nas vacacións. Por unha banda tendes o que se chama A BELÉN onde tedes que axudar aos reis a acumular agasallos evitando os cactus do deserto. Outro dos xogos é GAÑA A PAPANOEL onde botaras unha carreira contra PapaNoel montado no seu trineo. O último é Regalos onde convertiraste nun axudante de Papanoel e deberás axudarlle a encher o trineo.



PASÁDEO BEN E BO NADAL A TODOS!!!

lunes, 13 de diciembre de 2010

CONCURSO ECOMETTA


¿Qué es ECOMETTA?

ECOMETTA es el primer concurso de dibujo eco-meteorológico que se hace en nuestro país.
Desde el 17 de Junio Ecometta se ha convertido en una Asociación sin ánimo de lucro que promueve actividades educativas relacionadas con el medio ambiente, la naturaleza y la Meteorología y colabora en proyectos de recuperación de especies en peligro de extinción y con diversas entidades científicas.

¿Porqué se llama así?

ECOlogía, METeorología del Tiempo de los Aficionados.

¿Hasta cuando puedo enviar mi dibujo?

Este año tendremos más tiempo para dibujar. El plazo de admisión de dibujos comienza el 2 de Diciembre de 2010 y finaliza el 10 de Enero de 2011 a las 24:00 horas. El Domingo 16 de Enero se sabrán los ganadores o ganadoras de cada categoría.

¿Qué tienes que dibujar?

Fenómenos atmosféricos: Rayos, tornados, Arco Iris, nubarrones, puestas de sol, nevadas, granizadas, lluvias y en general cualquier fenómeno natural que se pueda producir en nuestras ciudades, montañas, o mares.
Importante:
En todos los dibujos tendréis que poner algún elemento que ayude al medio ambiente, por ejemplo, papeleras, placas solares, bombillas de bajo consumo, contenedores para el reciclaje o cualquier invento que se os ocurra para mejorar las condiciones de nuestro planeta. Este año, como novedad, valoraremos muy positivamente el que pongáis en alguna parte de vuestro dibujo algo relacionado con el agua en cualquiera de sus estados, sólido (ejemplo: nieve), líquido (ejemplos, lluvia, ríos o mares) y/o gaseoso (ejemplo: nubes)

¿Qué puedes ganar?
Espectacular Estación Meteorológica portátil

...y si no ganas, no te preocupes...
Todos los participantes recibirán un pequeño regalo.

Novedad:
Una selección de los 25 mejores dibujos se exhibirán en una sala en Barcelona abierta al público.

viernes, 10 de diciembre de 2010

A FUNCIÓN DE RELACIÓN NAS PLANTAS

Como xa sabedes as plantas carecen de órganos dos sentidos, de sistema nervioso e de aparato locomotor que son os responsables de levar a cabo a función de relación nos animais. Nembargantes as plantas tamén son capaces de detectar os cambios de temperatura, luz, humidade... que se producen a o seu entorno e reaccionan ante eles. Un caso moi sorprendente da función de relación e ben coñecido por todos é o das plantas carnívoras que atrapan inséctos, pero seguro que poucos de vos sabíades que existen plantas que moven as follas co contacto. Unha delas é unha especie de mimosa, a mimosa púdica, que move as súas follas cando se lles toca.
Queres saber por que o fai? A resposta está neste vídeo.

Esperamos os vosos comentarios

jueves, 9 de diciembre de 2010

XOGO DOS DEREITOS HUMANOS


Aquí vos deixo un xogo para que aprendades e repasades os dereitos humanos e dos nen@s. Cando entrades hai tres números, o 1 son actividades para infantil e primeiro ciclo, o 2 para o segundo ciclo e o 3 para o terceiro. Espero que vos gusten.


miércoles, 8 de diciembre de 2010

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

Para porlle boa cara ó mal tempo nada mellor que disfrutar da compañía dun bo libro.



PARIROFLEXIA
Recomendado por Anxo
É un libro con moitas actividades para facer, por exemplo un barco.

LARITA
Recomendado por Alex Barros
Trata sobre unha locomotora que cando a transportaban para poñerse ao servicio do rei sofre un accidente. Despois nadie a quixo e foi parar a unha canteira......
Anímate a lelo é moi enteresante e entretido.

OTTOLINE Y LA GATA AMARILLA
Recomendado por Andrea
Unha nena está a investigar a desaparición duns cans.
Queredes saber para que roubaron os cans? Descúbreo lendo este libro cheo de misterio e diversión.

viernes, 3 de diciembre de 2010

TALLER DE PAPIROFLEXIA

O longo de esta semana estivemos facendo adornos de papiroflexia con motivos de nadal para decorar as aulas e os corredores.
Neste vídeo tedes como se fai o abeto. É moi, pero que moi fácil!
Se queres participar so tedes que achegarvos nos recreos a nosa aula.

ESPERÁMOSVOS, AINDA QUEDA MOITO POR FACER!!!



miércoles, 1 de diciembre de 2010