sábado, 27 de noviembre de 2010

RUTA DAS PEDRAS

Para rematar o tema AS ROCHAS nada mellor que percorrer coa vosa familia a RUTA DAS PEDRAS en Ventosela.
Tiven a oportunidade de poder realizar unha excursión coa Asociación de Veciños de Ventosela na que Tila e Bego fixeron de guías e nos foron contando as marabillosas e increibles historias que gardan estas pedras.
A ruta comenza cunha ascensión os PETROGLIFOS, unhas rochas onde se pode ver un cabaliño e unhas espirais que datan da Prehistoria. Continúase subindo ata as PEDRAS AGUDAS, unha esplanada con un grupo de rochas con forma de man onde se facían xogos nos tempos en que se ía cos amimais para o monte. Seguindo a ruta atopamos unha impresionante LAXE DAS ABELLAS que rezuma auga continuamente. Pódese descansar contemplando unhas vistas impresionantes sobre a ría de Vigo na PEDRA TAIÓ, onde din as lendas que se agochan valiosos tesouros. A PEDRA EROSIONADA móstranos a acción dos fenómenos metereolóxicos ao longo do tempo. Descendendo polo monte chégase ata unha rocha erosionada por dentro, a PEDRA QUE FALA, onde no seu interior produce un potente eco. Xa de regreso ao punto de partida, con un pouco de sorte pódese ver, agochada entre a vexetación, a CRUZ DE TÉRMINOS que sirve para sinalar os lindes coa parroquia de Amoedo.

Animádevos a facer a ruta! Seguro que ides disfrutar tanto coma min.


Aquí tedes unha pequena mostra do que se pode ver.



1 comentario:

  1. Eu fixen esa ruta e divertinme moito, é un pouco longa ( sobre 2 horas e media), pero vola recomendo a todos. Ah¡ non esquezades levar unha cámara de fotos,e uns prismático se tedes.

    ResponderEliminar