sábado, 27 de noviembre de 2010

RUTA DAS PEDRAS

Para rematar o tema AS ROCHAS nada mellor que percorrer coa vosa familia a RUTA DAS PEDRAS en Ventosela.
Tiven a oportunidade de poder realizar unha excursión coa Asociación de Veciños de Ventosela na que Tila e Bego fixeron de guías e nos foron contando as marabillosas e increibles historias que gardan estas pedras.
A ruta comenza cunha ascensión os PETROGLIFOS, unhas rochas onde se pode ver un cabaliño e unhas espirais que datan da Prehistoria. Continúase subindo ata as PEDRAS AGUDAS, unha esplanada con un grupo de rochas con forma de man onde se facían xogos nos tempos en que se ía cos amimais para o monte. Seguindo a ruta atopamos unha impresionante LAXE DAS ABELLAS que rezuma auga continuamente. Pódese descansar contemplando unhas vistas impresionantes sobre a ría de Vigo na PEDRA TAIÓ, onde din as lendas que se agochan valiosos tesouros. A PEDRA EROSIONADA móstranos a acción dos fenómenos metereolóxicos ao longo do tempo. Descendendo polo monte chégase ata unha rocha erosionada por dentro, a PEDRA QUE FALA, onde no seu interior produce un potente eco. Xa de regreso ao punto de partida, con un pouco de sorte pódese ver, agochada entre a vexetación, a CRUZ DE TÉRMINOS que sirve para sinalar os lindes coa parroquia de Amoedo.

Animádevos a facer a ruta! Seguro que ides disfrutar tanto coma min.


Aquí tedes unha pequena mostra do que se pode ver.



lunes, 22 de noviembre de 2010

AS ROCHAS

Para repasar o tema das rochas e os cambios na paisaxe déixovos estas actividades Lim










EDUCALANDIA

Aqui tedes unha páxina chea de recursos, xogos e páxinas interesantes que podedes usar para entreternos, aprender e pasar un bo rato. Espero que vos guste. Clicade na imaxe ou no apartado de xogos.

domingo, 21 de noviembre de 2010

O PROFE GUILLERMO ENSINANOS A SÚA COLECCIÓN DE FÓSILES

O venres o profe Guillermo ensinounos a súa colección de fósiles. Según un vídeo que miramos son moi delicados e díficiles de extraer así que se fan copias.
Nos deixou tocalos e observalos de cerca e nos comentou a súa historia, donde os atopou e como se extraen. Son impresionantes!

Encantoume porque aprendin moito!

domingo, 14 de noviembre de 2010

NOTICIA, NOTICIAAAAA.......

O pasado mércores no colexio de Reboreda celebramos o magosto, iá a ser o martes pero houbo que cambialo pola chuvia. Este tempo......!
Case todo o colexio se puxo a bailar e por suposto a comer castañas. Os profes fixeron xogos moi entretenidos e algúns nenos pintáronse de negro, pero os que ían en autobús tiveron que lavar a cara.
E así foi o magosto deste ano: moi divertido
Manu

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

ESTA SEMANA ANIMÁDEVOS A LER




CHISTES INFANTILES
Recomendado por Antía
É un libro de chistes co que podedes botar unhas boas risas.

EL CANTO DE LAS BALLENAS
Recomendado por Sofía
Trata dunha nena chamada Lilí que vivía coa súa avoa e o seu tío. A súa avoa contalle cousas maravillosas das baleas.

MARCELINA Y LA NOCHE DE HALLOWEEN
Recomendado por David
Marcelina era unha bruxa que quería ir a festa de Halloween. Foi pedirlle permiso á súa avoa e como a deixou ir foi chamar ós amigos para ir xuntos.

sábado, 13 de noviembre de 2010

O XOGO DAS ROCHAS E MINERAIS

Queres saber máis cousas das rochas? Serías capaz de completar un xogo sobre elas? Podes distinguilas? Animádevos e xogade, so hai que clicar na imaxe.

lunes, 8 de noviembre de 2010

OS CAMBIOS NAS ROCHAS E NA PAISAXE

Para comprender mellor os cambios que se producen nas rochas e na paisaxe pola acción dos ríos, dos mares, do vento, da chuvia, dos seres vivos e do ser humano, nada mellor que este interesante vídeo.



OS MINERAIS E AS ROCHAS

Comenzamos un novo tema de Coñecemento do Medio no que vamos a estudar as rochas e a paisaxe. Neste un vídeo podedes observar onde se atopan, como se forman e evolucionan as rochas.


domingo, 7 de noviembre de 2010

EXCURSIÓN A UN MANANTIAL

Este venres 5 de novembro fomos ao monte a ver un manantial. A pesar de que era moi pequeno foi impresionante porque a auga saía dunha rocha.
Antes de chegar onde estaba o manatial atopamos unhas cabras e un castrón e a min o castrón cheiroume a mochila.
Tamén vimos unha grande variedade de setas e polo caniño recollemos follas.

PASÁMOLO MOI BEN!!!!!!

Alex Figueroa

lunes, 1 de noviembre de 2010

CELEBRANDO O SAMAÍN

Menudo venres!
  • Estreamos este curso o taller de cociña. As matemáticas calcúlanse mellor se o resultado é algo exquisito para degustar. Non vos asustedos polo aspecto destas noxentas arañas. Estaban deliciosas!!!!
  • Compartimos cos nenos e nenas de Infantil uns talleres de medo: maquillaxes terroríficos, máscaras arrepiantes, golosinas apestosas, globos noxentos... Como disfrutamos!!!
  • E como somos uns gran artistas representamos con títeres unha obriña de teatro do Samaín.
  • Para rematar a festa nada mellor que un baile monstruoso.
GRAZAS AOS NENOS, NENAS E PROFES DE INFANTIL POR INVITARNOS !!!!!