miércoles, 29 de septiembre de 2010

FENÓMENOS METEOROLÓXICOS

Tod@s podemos obsevar en innumerables ocasións a chuvia, o vento, os raios, o arco da vella, unha posta de sol, un día de néboa.... Son fenómenos meteorolóxicos moi comúns. Nembargantes, as veces a Natureza sorprendenos con fenómenos raros e sorprendentes.

SABEDES QUE PODEN CHOVER RAS?

Este e outros fenómenos estranos aparecen neste vídeo.

Escribídenos e contádenos cal foi o que máis vos chamou a atención.

martes, 28 de septiembre de 2010

POR QUE SE PRODUCEN AS ESTACIÓNS?

Hoxe quedamos con ganas de saber máis cousas sobre como se producen as estacións e buscando, buscando.....atopamos outro video que completa a información do anterior.

DISFRUTÁDEO

lunes, 27 de septiembre de 2010

A NOVA ESTACIÓN

O equinocio que se produciu o pasado 23 de setembro anunciaba o cambio de estación. A partir de agora os días vanse facendo cada vez máis pequenos, as temperaturas comenzan a descender e os seres vivos comenzamos a prepararnos para os cambios que se aveciñan.

É TEMPO DE OUTONO!

Neste vídeo pódese observar o movemento de traslación da Terra que da lugar as estacións.!

sábado, 25 de septiembre de 2010

QUE FERMOSA É A CHUVIA

A chuvia é un fenómeno atmosférico que se relaciona, ás veces, coa tristeza, a melancolía, a morriña... Nembargantes, esa musicalidade que se crea cando as pingas rozan a cidade é máxica. Quero compartir convosco estás fermosas imaxes onde a chuvia transforma as paisaxes de xeito espectacular.

XA TEMOS CORREO ELECTRÓNICO


O noso manantial vai fluindo pouco a pouco e para que non se seque precisa da vosa vida, das vosas aportacións, ideas, colaboracións... Como facelo? Escribíndonos ao noso correo:





Esperamos os vosos correos.

martes, 21 de septiembre de 2010

A ORIXE DA AUGA

Como xa sabedes este curso estamos realizar un proxecto sobre a AUGA.

Para comenzar @s alumn@s de cuarto quixemos averiguar de onde saiu a auga que cubre a manior parte do noso Planeta.

Queres saber cal é a resposta?

Mira con atención este vídeo e poderás averigualo.

lunes, 20 de septiembre de 2010

martes, 14 de septiembre de 2010


Benvid@s ao noso blog!

Invitámosvos a visitarnos o que vai a ser a nosa fonte, un lugar de encontro fresco e cheo de vida onde mostraremos o día a día da nosa aula e intercambiaremos experiencias e vivencias coas familias, outros compañeir@s e con tod@s os que nos queirades seguir.
Esperamos os vosos comentarios.