martes, 28 de diciembre de 2010

CONCURSO ECOMETTA

Un ano máis queremos participar cos nosos debuxos no concurso Ecometta. Con moita dedicación e entusiasmo fixemos os debuxos con fenómenos atmosféricos e con algún elemento para coidar e manter limpo o noso entorno,

Estos son os nosos marabillosos debuxos


domingo, 26 de diciembre de 2010

VOLTAMOS A FACER PAN DOCE

Para rematar este trimestre tan intenso nada mellor que traballar as matemáticas cunha deliciosa receta de cociña. As sumas, restas, multiplicacións e divisións sirvennos para calcular coste de cada ingrediente , o precio final do pan, canto nos corresponde a cada un...
Comenzamos por pesar e os ingredientes e intoducilos na panificadora. Mentras a máquina quenta, amasa, fermenta e coce botamos as contas. O intenso cheiro a anís e azahar acompañanos durante máis de tres horas, que é o tempo que tarda en estar listo o pan.

Unha forma moi doce e exquisita de aprender!

BO NADAL

O pasado mércores celebramos no colexio o festival de panxoliñas no que actuamos todos os nenos e nenas do cole e tamén os profes.
Os de cuarto preparamos coa profe Loli unha fermosa panxoliña titulada De oriente. Esta foi a nosa actuación e con ela queremos desexarvos a todos:

BON NADAL!


domingo, 19 de diciembre de 2010

RECURSOS DE NADAL

Agora que ven o Nadal e dentro duns días xa imos estar de vacacións imos deixarvos algunhas páxinas interesantes para mandar postais, crear elfos ou pasar un bo rato xogando coas personaxes do Nadal.

En primeiro lugar aquí vos deixo un enlace onde podedes escoller postais, escribir nelas o que queirades, poñerlles emoticonos navideños, engadirlles música e moitas opcións máis. Clicade na imaxe e escollede a que máis vos guste.



Tamén podedes convertirvos en Elfos, so tedes que entrar, e seguir os pasos. É importante que teñades no ordenador algunha foto para que o elfo teña a vosa cara. Despois escolledes o baile que queredes e xa podedes enviala a quen queirades. Seguro que tanto vos como os que a reciban non poderedes sacar o sorriso da cara.



Finalmente, aquí tedes uns xogos navideños para pasar bos ratos nas vacacións. Por unha banda tendes o que se chama A BELÉN onde tedes que axudar aos reis a acumular agasallos evitando os cactus do deserto. Outro dos xogos é GAÑA A PAPANOEL onde botaras unha carreira contra PapaNoel montado no seu trineo. O último é Regalos onde convertiraste nun axudante de Papanoel e deberás axudarlle a encher o trineo.



PASÁDEO BEN E BO NADAL A TODOS!!!

lunes, 13 de diciembre de 2010

CONCURSO ECOMETTA


¿Qué es ECOMETTA?

ECOMETTA es el primer concurso de dibujo eco-meteorológico que se hace en nuestro país.
Desde el 17 de Junio Ecometta se ha convertido en una Asociación sin ánimo de lucro que promueve actividades educativas relacionadas con el medio ambiente, la naturaleza y la Meteorología y colabora en proyectos de recuperación de especies en peligro de extinción y con diversas entidades científicas.

¿Porqué se llama así?

ECOlogía, METeorología del Tiempo de los Aficionados.

¿Hasta cuando puedo enviar mi dibujo?

Este año tendremos más tiempo para dibujar. El plazo de admisión de dibujos comienza el 2 de Diciembre de 2010 y finaliza el 10 de Enero de 2011 a las 24:00 horas. El Domingo 16 de Enero se sabrán los ganadores o ganadoras de cada categoría.

¿Qué tienes que dibujar?

Fenómenos atmosféricos: Rayos, tornados, Arco Iris, nubarrones, puestas de sol, nevadas, granizadas, lluvias y en general cualquier fenómeno natural que se pueda producir en nuestras ciudades, montañas, o mares.
Importante:
En todos los dibujos tendréis que poner algún elemento que ayude al medio ambiente, por ejemplo, papeleras, placas solares, bombillas de bajo consumo, contenedores para el reciclaje o cualquier invento que se os ocurra para mejorar las condiciones de nuestro planeta. Este año, como novedad, valoraremos muy positivamente el que pongáis en alguna parte de vuestro dibujo algo relacionado con el agua en cualquiera de sus estados, sólido (ejemplo: nieve), líquido (ejemplos, lluvia, ríos o mares) y/o gaseoso (ejemplo: nubes)

¿Qué puedes ganar?
Espectacular Estación Meteorológica portátil

...y si no ganas, no te preocupes...
Todos los participantes recibirán un pequeño regalo.

Novedad:
Una selección de los 25 mejores dibujos se exhibirán en una sala en Barcelona abierta al público.

viernes, 10 de diciembre de 2010

A FUNCIÓN DE RELACIÓN NAS PLANTAS

Como xa sabedes as plantas carecen de órganos dos sentidos, de sistema nervioso e de aparato locomotor que son os responsables de levar a cabo a función de relación nos animais. Nembargantes as plantas tamén son capaces de detectar os cambios de temperatura, luz, humidade... que se producen a o seu entorno e reaccionan ante eles. Un caso moi sorprendente da función de relación e ben coñecido por todos é o das plantas carnívoras que atrapan inséctos, pero seguro que poucos de vos sabíades que existen plantas que moven as follas co contacto. Unha delas é unha especie de mimosa, a mimosa púdica, que move as súas follas cando se lles toca.
Queres saber por que o fai? A resposta está neste vídeo.

Esperamos os vosos comentarios

jueves, 9 de diciembre de 2010

XOGO DOS DEREITOS HUMANOS


Aquí vos deixo un xogo para que aprendades e repasades os dereitos humanos e dos nen@s. Cando entrades hai tres números, o 1 son actividades para infantil e primeiro ciclo, o 2 para o segundo ciclo e o 3 para o terceiro. Espero que vos gusten.


miércoles, 8 de diciembre de 2010

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

Para porlle boa cara ó mal tempo nada mellor que disfrutar da compañía dun bo libro.



PARIROFLEXIA
Recomendado por Anxo
É un libro con moitas actividades para facer, por exemplo un barco.

LARITA
Recomendado por Alex Barros
Trata sobre unha locomotora que cando a transportaban para poñerse ao servicio do rei sofre un accidente. Despois nadie a quixo e foi parar a unha canteira......
Anímate a lelo é moi enteresante e entretido.

OTTOLINE Y LA GATA AMARILLA
Recomendado por Andrea
Unha nena está a investigar a desaparición duns cans.
Queredes saber para que roubaron os cans? Descúbreo lendo este libro cheo de misterio e diversión.

viernes, 3 de diciembre de 2010

TALLER DE PAPIROFLEXIA

O longo de esta semana estivemos facendo adornos de papiroflexia con motivos de nadal para decorar as aulas e os corredores.
Neste vídeo tedes como se fai o abeto. É moi, pero que moi fácil!
Se queres participar so tedes que achegarvos nos recreos a nosa aula.

ESPERÁMOSVOS, AINDA QUEDA MOITO POR FACER!!!



miércoles, 1 de diciembre de 2010

sábado, 27 de noviembre de 2010

RUTA DAS PEDRAS

Para rematar o tema AS ROCHAS nada mellor que percorrer coa vosa familia a RUTA DAS PEDRAS en Ventosela.
Tiven a oportunidade de poder realizar unha excursión coa Asociación de Veciños de Ventosela na que Tila e Bego fixeron de guías e nos foron contando as marabillosas e increibles historias que gardan estas pedras.
A ruta comenza cunha ascensión os PETROGLIFOS, unhas rochas onde se pode ver un cabaliño e unhas espirais que datan da Prehistoria. Continúase subindo ata as PEDRAS AGUDAS, unha esplanada con un grupo de rochas con forma de man onde se facían xogos nos tempos en que se ía cos amimais para o monte. Seguindo a ruta atopamos unha impresionante LAXE DAS ABELLAS que rezuma auga continuamente. Pódese descansar contemplando unhas vistas impresionantes sobre a ría de Vigo na PEDRA TAIÓ, onde din as lendas que se agochan valiosos tesouros. A PEDRA EROSIONADA móstranos a acción dos fenómenos metereolóxicos ao longo do tempo. Descendendo polo monte chégase ata unha rocha erosionada por dentro, a PEDRA QUE FALA, onde no seu interior produce un potente eco. Xa de regreso ao punto de partida, con un pouco de sorte pódese ver, agochada entre a vexetación, a CRUZ DE TÉRMINOS que sirve para sinalar os lindes coa parroquia de Amoedo.

Animádevos a facer a ruta! Seguro que ides disfrutar tanto coma min.


Aquí tedes unha pequena mostra do que se pode ver.



lunes, 22 de noviembre de 2010

AS ROCHAS

Para repasar o tema das rochas e os cambios na paisaxe déixovos estas actividades Lim










EDUCALANDIA

Aqui tedes unha páxina chea de recursos, xogos e páxinas interesantes que podedes usar para entreternos, aprender e pasar un bo rato. Espero que vos guste. Clicade na imaxe ou no apartado de xogos.

domingo, 21 de noviembre de 2010

O PROFE GUILLERMO ENSINANOS A SÚA COLECCIÓN DE FÓSILES

O venres o profe Guillermo ensinounos a súa colección de fósiles. Según un vídeo que miramos son moi delicados e díficiles de extraer así que se fan copias.
Nos deixou tocalos e observalos de cerca e nos comentou a súa historia, donde os atopou e como se extraen. Son impresionantes!

Encantoume porque aprendin moito!

domingo, 14 de noviembre de 2010

NOTICIA, NOTICIAAAAA.......

O pasado mércores no colexio de Reboreda celebramos o magosto, iá a ser o martes pero houbo que cambialo pola chuvia. Este tempo......!
Case todo o colexio se puxo a bailar e por suposto a comer castañas. Os profes fixeron xogos moi entretenidos e algúns nenos pintáronse de negro, pero os que ían en autobús tiveron que lavar a cara.
E así foi o magosto deste ano: moi divertido
Manu

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

ESTA SEMANA ANIMÁDEVOS A LER




CHISTES INFANTILES
Recomendado por Antía
É un libro de chistes co que podedes botar unhas boas risas.

EL CANTO DE LAS BALLENAS
Recomendado por Sofía
Trata dunha nena chamada Lilí que vivía coa súa avoa e o seu tío. A súa avoa contalle cousas maravillosas das baleas.

MARCELINA Y LA NOCHE DE HALLOWEEN
Recomendado por David
Marcelina era unha bruxa que quería ir a festa de Halloween. Foi pedirlle permiso á súa avoa e como a deixou ir foi chamar ós amigos para ir xuntos.

sábado, 13 de noviembre de 2010

O XOGO DAS ROCHAS E MINERAIS

Queres saber máis cousas das rochas? Serías capaz de completar un xogo sobre elas? Podes distinguilas? Animádevos e xogade, so hai que clicar na imaxe.

lunes, 8 de noviembre de 2010

OS CAMBIOS NAS ROCHAS E NA PAISAXE

Para comprender mellor os cambios que se producen nas rochas e na paisaxe pola acción dos ríos, dos mares, do vento, da chuvia, dos seres vivos e do ser humano, nada mellor que este interesante vídeo.



OS MINERAIS E AS ROCHAS

Comenzamos un novo tema de Coñecemento do Medio no que vamos a estudar as rochas e a paisaxe. Neste un vídeo podedes observar onde se atopan, como se forman e evolucionan as rochas.


domingo, 7 de noviembre de 2010

EXCURSIÓN A UN MANANTIAL

Este venres 5 de novembro fomos ao monte a ver un manantial. A pesar de que era moi pequeno foi impresionante porque a auga saía dunha rocha.
Antes de chegar onde estaba o manatial atopamos unhas cabras e un castrón e a min o castrón cheiroume a mochila.
Tamén vimos unha grande variedade de setas e polo caniño recollemos follas.

PASÁMOLO MOI BEN!!!!!!

Alex Figueroa

lunes, 1 de noviembre de 2010

CELEBRANDO O SAMAÍN

Menudo venres!
  • Estreamos este curso o taller de cociña. As matemáticas calcúlanse mellor se o resultado é algo exquisito para degustar. Non vos asustedos polo aspecto destas noxentas arañas. Estaban deliciosas!!!!
  • Compartimos cos nenos e nenas de Infantil uns talleres de medo: maquillaxes terroríficos, máscaras arrepiantes, golosinas apestosas, globos noxentos... Como disfrutamos!!!
  • E como somos uns gran artistas representamos con títeres unha obriña de teatro do Samaín.
  • Para rematar a festa nada mellor que un baile monstruoso.
GRAZAS AOS NENOS, NENAS E PROFES DE INFANTIL POR INVITARNOS !!!!!

domingo, 31 de octubre de 2010

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS


ESTA SEMANA ANIMÁDEVOS A LER






VIAJE AL REINO DE LA FANTASÍA
Recomendado por Javi

Trata sobre un ratón que tiene un sueño y en el sueño viaja al reino de la fantasía a luchar contra brujas y ogros y un gigante que es el compañero del ratón en el viaje que se enamora de una giganta.


ROMPETECHOS
R
ecomendado por Jasmine
Trata de un señor muy bajito que no ve bi
en, por ejemplo piensa que un armario es un ascensor. ¡Ya vereis las cosas divertidas que le pasan!

LA VUELTA AL MUNDO EN OCHENTA DÍAS DE GERONIMO STILTON
Recomendado por Isaac
Un hombre recorre el mundo y vive muchas aventuras. ¡ Son impresionantes! Por lo menos a mi me encantaron

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CON LAS PERSONAS SORDAS

El pasado lunes vino al colegio un señor sordo y una intérprete profesional para traducir el lenguaje de signos.
Nos dio una charla en el salón de actos, a primera hora, sobre como viven las personas sordas.
Nos contó como era su día a día y nos hizo preguntas como por ejemplo si la mayoría de los sordos son sordos o sordomudos y la mayoría solo son sordos.
Una de las cosas que más me llamo la atención fue que como las personas sordas no pueden escuchar el despertador tienen que poner un aparato que vibra debajo de la almohada o una luz para despertarse.
También nos enseñó algunas palabras básicas en lenguaje de signos y vimos un vídeo de un niño sordo que no sabía lo que significaba la palabra integración.
Con esta charla también nosotros aprendimos lo que significa la integración y a entender las dificultades de los demás.
Isaac


miércoles, 27 de octubre de 2010

RECUPÉRATE PRONTO IRIA!!!

Dende hai uns días botamos de menos a unha compañeira,Iria está ingresada no hospital a causa dun virus. Non ten excesivas molestias así que pode asistir a clases no hospital e como non podía ser menos tamén están celebrando o Samaín e dende alí quere mostravos os traballos tan interesantes e estupendos que fan.

MOITOS BICOS!


lunes, 25 de octubre de 2010

USA A CABEZA E CONTESTA

Perdoade, coas presas puxen o LIM de infantil en vez do voso. Espero que este vos guste. Ánimo e a xogar.

viernes, 22 de octubre de 2010

POR QUE SE PRODUCEN AS MAREAS?

O xoves pasado cando estabamos comentando que as augas dos mares e océanos non permanecen quietas senon que están en continuo movemento debido as ondas e correntes e as mareas, xurdiunos a dubida: por que se producen as mareas?

Investigamos e atopamos bastante información, pero era moi difícil entender.

Este vídeo vamos mostrar que a Lúa e o Sol son os responsables de que suba e baixe o nivel do mar.

ASÍ É MÁIS FÁCIL ENTENDELO!

TALLER DE INTEGRACÍON AFECTIVA E NON VIOLENCIA

Esta semana tivemos unha profe nova, chámase Sandra. Veu a ensinarnos como debemos comportarnos e a darnos uns consellos para cando os pais non nos escoitan. Tamén nos ensinou que non debemos utilizar a violencia porque non conduce a ningunha parte. Para que nós o entendéramos mellor, leunos un connto dun dinosaurio que quería ter amigos pero o xeito que empregaba non era o adecuado.
Para min as clases foron moi interesantes e penso que debería vir máis veces porque despois de que pasa un tempo a algúns olvídaselle o que aprenderon e volven a gritar, volven a pegar, insultar etc .
Alex Barros

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

Comezamos unha nova sección de recomendacions dos nosos libros favoritos.
Todas as semanas vamos a contarvos cales son as lecturas coas que nos divertimos, nos rimos investigamos e aprendemos.

Esta semana queremos que disfrutedes de:

CUARTO VIAJE AL REINO DE LA FANTASÍA
Recomendado por Breixo

Roubáronlle un ovo a un dragón e quérenno recuperar.


MI PRIMER LIBRO DE FÁBULAS
Recomendado por Carla
Son todas moi bonitas. A que máis me gusta é a dunha cabritilla á que o seu pai lle decía que non falara con desconocidos, pero ela non lle fixo caso e.......

LA CIUDAD SECRETA
Recomendado por Alex Figueroa
Trata dun grupo de mozas que se chaman o Club de Tea e corren unha aven
tura en Perú en busca do fillo do profesor Cuantochancha, pero un cóndor xigante complicalle a busca.